CONTIDOS
- Blogue de Vida Asociativa
- Blogue Nicaragua
- Blogue Honduras
- Blogue materia de cooperación da UDC
- Outros recursos 2.0 de ESF Galicia
- Outros canais ISFeros
- Outros enlaces de interese
- Novas publicacións en papel
- E no próximo mes ...
- A ESFrase do mes
BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA
Neste mes de outubro houbo moito movemento no blogue. Comezou o mes cun debate sobre a universalidade das tecnoloxías para o desenvolvemento humano. Tamén podedes ver a serie de tres entradas do resumo das actividades do mes da sustentabilidade en Coruña, comezando por coñecer as persoas voluntarias que o fixeron posible, pero tamén a interesante exposición que montaron. O aviso para ter a túa camiseta isfera tivo o seu oco, pero tamén o posicionamento da federación ISF con respecto aos secuestros nos campamentos de refuxiados saharauis. Houbo reflexións sobre os transxénicos como tecnoloxía para o desenvolvemento humano, ou sobre a filosofía de ESF na relación das persoas contratadas coas voluntarias. Tamén está a crónica da participación de ESF no Foro Unirede de comunicación 2.0 e do acontecido na Asemblea Xeral da Coordinadora Galega de ONGD, así como o aviso da impartición dunha poñencia sobre Educación para o Desenvolvemento nos cursos de voluntariado da USC (Santiago e Lugo). Podes ademais coñecer o que se tratou na Xunta Directiva de ESF no mes de setembro e, por último, estar ao tanto dos cambios na celebración do Magosto ESFeiro en Compostela (estás a tempo, é hoxe ás 19:30 fronte a facultade de Farmacia).
BLOGUE NICARAGUA
Este mes non se rexistrou movemento neste blogue tras ter ido pechando as actividades neste país, se ben algunha que outra entradiña todavía se vaia facendo antes de pechalo indefinidamente.
BLOGUE HONDURAS
Cos nosos PCR en terreo a actividade do blogue foi alta neste mes de outubro. Podemos ver os biofiltros na comunidade de La Lucha, unha noticia sobre o proxecto de soberanía alimentaria que está empezando en Namasigüe, unha interesante entrevista cos dous Andreses (participantes nun dos proxectos), así como as crónicas dos difíciles días que se viviron no Golfo de Fonseca coas inundacións causada polas fortes choivas no mes de outubro. Remata o mes coa entrevista a Saúl, un dos técnicos do noso socio local CODDEFFAGOLF, así como coa formación ao propio CODDEFFAGOLF que fixo Alicia (unha das nosas PCR) na temática da soberanía alimentaria.
Continuou a inactividade neste blogue, co grupo recargando as pilas para o inicio do novo curso, no segundo cuatrimestre (marzal de 2012).
Auga
Comunicación para o (como) desenvolvemento
Consumo responsable
Cooperación e ONGD
Iniciativas
Investigación para o desenvolvemento
Políticas e modelos de desenvolvemento
6 de novembro: campaña de outono de ESF no proxecto Ríos
8 de novembro: Magosto de ESF en Compostela fronte á facultade de Farmacia, Campus Vida (Sur). 19:30h
Para máis info sobre cursos e eventos consulta a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD
Manuel Curros Enríquez
BLOGUE DA MATERIA DE COOPERACIÓN DA UDC
Continuou a inactividade neste blogue, co grupo recargando as pilas para o inicio do novo curso, no segundo cuatrimestre (marzal de 2012).
OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA
- Páxina de Facebook de ESF Galicia. Conectada directamente ao twitter, para ampliar as canles de comunicación e información. Búscaa!
- DESTACADO: Wiki de ESF Galicia. De novo operativa grazas ao apoio de GPUL. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
- Twitter ESF Galicia. É un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento que vaian surxindo. Seguídeo e participade!!
- Slideshare ESF Galicia. Ven de cumprir un ano de vida, ahí podedes ver algunhas presentacións e documentos sobre temáticas de interese de ESF.
- Blogue de Enerxías, a finais de 2010 organizouse en Vigo unhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación en Vigo, que xa se poden ver na televisión da UVigo.
- Blogue de Proxectos de El Salvador como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2004 e 2008 colaborando con ESF Catalunya, que se pecha colgando o informe de avaliación dos proxectos executados.
- Grupo de Facebook de ESF Galicia, espazo para os esfeiros e que compartan información, experiencias, etc.
- Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
- Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.
- Podomatic de ESF Galicia. Onde se van colgando diversas entrevistas ou participacións de ESF na radio e outro material sonoro xenerado.
- Delicious de ESF Galicia. Xestor de enlaces web, de momento usado só para recopilar as aparicións de ESF Galicia en medios de comunicación dixitais.
OUTROS CANAIS ISFEROS
- Twitter da Federación de ISF
- Páxina de facebook da Federación de ISF
- Blogue de Proxectos na República Árabe Saharaui Democrática. Iniciado por ESF Galicia, pero que agora xa é patrimonio de todo ISF, sendo "alimentado" por membros de Galicia, Aragón, Asturias, Castilla-León, etc.
- ESF Catalunya
- ESF Catalunya en El Salvador
- ISF Andalucía en Perú
- ISF Andalucía en Kenia
- ISF Asturias en Angola
- ISF Asturias, sección xuvenil
- Twitter de ISF Asturias
OUTROS ENLACES DE INTERESE
Auga
- Tasa o precio privado en el servicio de agua: vuelta al debate
- Por qué nos manifestamos contra la privatización del agua
- Cuatro mexicanas abren la llave del derecho humano al agua
Comunicación para o (como) desenvolvemento
- Hijos de Kapuscinski: el auténtico periodismo humano
- ¿Qué es eso del periodismo de datos? ¿para qué sirve? ¿cómo se hace?
- Hablemos sobre comunicación participativa
- Los 5 grandes retos de las ONG ante el fenómeno 2.0
Consumo responsable
- Las 6 mentiras que la industria alimentaria nos da de comer
- De la crítica a la construcción: La Cooperativa Integral
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
- Teatro y compromiso
- De la obsolescencia programada a la obsolescencia educativa
- Elif Shafak: Las políticas de la ficción. Vídeo. 19min 46seg (en inglés con subtítulos en español disponibles)
- Por una pedagogía crítica
Iniciativas
- SLOW: una nueva cultura del tiempo. Vídeo. 23min
- Dos precursores del Software Libre, fuera de la red
- DESTACADO Democracia 4.0 Vídeo. 9min 25seg
Investigación para o desenvolvemento
- Honduras lanza Programa Sur-Sur, centrado en la asociación horizontal
- Mapa interactivo mundial - ODM
Mundo
Políticas e modelos de desenvolvemento
- Propuestas de la Coordinadora de ONGD-España para las elecciones 2011
- Sobre el concepto de decrecimiento
- Los 'posthippies' gestionan el monte
Sensibilización
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
- El futuro de los alimentos: escasez en la producción e injusticia en el reparto
- La opción que faltaba: soberanía alimentaria. Vídeo 4min 13seg
- Los beneficios de la pequeña propiedad en el campo
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
NOVAS PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e podes solicitalas para préstamo).E NO PRÓXIMO MES ...
6 de novembro: campaña de outono de ESF no proxecto Ríos
8 de novembro: Magosto de ESF en Compostela fronte á facultade de Farmacia, Campus Vida (Sur). 19:30h
10 de novembro: Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento (¿humano?).
11 de novembro: charla de ESF sobre Cultura Libre ás 18 h dentro das I Xornadas universitarias sobre economía social e desenvolvemento
DESTACADO 12-13 de novembro: Xuntanza de ESF Galicia (sábado e domingo pola mañá, coa Asemblea Xeral de Socios o sábado pola tarde).
16 de novembro: Día Internacional para a Tolerancia
19 de novembro: Día do Saneamento
25-26 de novembro: primeiro fin de semana das Xornadas de Soberanía Alimentaria organizadas por ESF en Lugo
25 de novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
25 de novembro (cuarto venres do mes de novembro): Día de Non Comprar Nada
29 de novembro: Día Internacional da Solidariedade co Pobo Palestino
A ESF-RASE DO MES
Que aquel que deixa o seu natal curruncho e fóra dos seus eidos pon os pés, cando troca o seguro polo incerto, motivos ha de ter!Manuel Curros Enríquez
No hay comentarios:
Publicar un comentario