9 nov 2011

Xuntanza e Asemblea Xeral - Novembro 2011

O fin de semana máis importante do que queda de ano para todo ESF Galicia xa está aquí!!! apúntaste? Tanto se eres nov@, experimentad@, voluntari@ ou soci@ (ou as dúas cousas) a túa presencia será moi importante e enriquecedora para ti e para tod@s!!

Ímonos a Neda (Ferrol) e temos xa definido todas as cousas coas que pasaremos o tempo!

Graciñas á sede de Ferrol por encargarse de toda a loxística (comidas, albergue, etc)

Sábado:
Mañá:

10:00 - 10:30
Chegada, presentacións, dinámicas

10:30 - 12:15
Obradoiros de traballo sectoriais (Educación para o Desenvolvemento, Sensibilización, Proxectos de Cooperación...): Intercambio de metodoloxías, experiencias exitosas, erros, dinámicas e outro material empregado, etc.

12:15 - 12:35
Descanso

12:35 - 14:00
Debates estratéxicos sectorias e intersectorias: Qué estamos facendo nas distintas áreas de traballo? (Educación, Sensibilización, Investigación, Incidencia, Proxectos internacionais), que é o que deberíamos facer? que podemos ou temos capacidade para facer nos próximos anos?

Tarde:

16:00 - 20:00
Asemblea Xeral de soci@s

Noite:

Vertebramos? ;)

Domingo:
Mañá

10:00 - 11:30
Experiencias persoais de dúas persoas voluntarias en Palestina: historia, situación actual do conflito. Preguntas e dúbidas sobre o tema.

11:30 - 12:00
Descanso

12:00 - 14:00
Reunións operativas por grupos (Comisión de Proxectos Internacionais de Cooperación Desenvolvement, Comisión de Accións no Norte, Voluntariado, Comisión de Financiación...)

E despois... cada unha para a súa sede e a transmitir todo o aprendido e vivido aos que non poidan ir, e a todo o mundo mundial! =).

No hay comentarios: