5 dic 2011

Resumo blogueiro mensual: novembro 2011

CONTIDOS

Blogue de Vida Asociativa
Blogue Nicaragua
Blogue Honduras
Blogue materia de cooperación da UDC
Outros recursos 2.0 de ESF Galicia
Outros canais ISFeros
Outros enlaces de interese
Novas publicacións en papel
E no próximo mes ...
A ESFrase do mes



BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA


En novembro houbo moitísima actividade neste blogue: actividades informais (un magosto que ao final si se fixo e un reencontro do grupo de sensibilización en Compostela), un completo resumo da mesa redonda sobre a lei de augas de Galicia que se organizara a finais de marzal, tempo para reflexionar sobre voluntariado "divertido", participar no proxecto Ríos como cada primaveira e outono e presentar os contidos da xuntanza-Asemblea Xeral de ESF que houbo en novembro en Neda (grazas á organización da sede de Ferrol!). Tamén podedes leer un exhaustivo resumo en tres entregas dos tres días do curso de Soberanía Alimentaria (con diversos enlaces a material de interés sobre o tema mencionado no curso) organizado pola Coordinadora Galega de ONGD, así como a crónica da reunión anual da Federación ISF (máis coñecida como Cósmica). O grupo de sensibilización de Compostela cóntanos a súa historia (atréveste a continuala?), e a Xunta Directiva de ESF cóntanos de que estiveron falando en outubro. Ademais podedes coñecer o posicionamento sobre Soberanía Alimentaria que se aprobou na Asemblea de ESF. Remata o mes cunhas charlas sobre a experiencia de Alicia (PCR de Agro-sensibilización) e un par de debates: un sobre minieólicas e autoabastecemento enerxético e outro sobre variedades agrícolas híbridas axeitadas.



BLOGUE NICARAGUA


Este mes non se rexistrou movemento neste blogue tras ter ido pechando as actividades neste país, se ben algunha que outra entradiña aínda se irá facendo antes de pechalo indefinidamente.



BLOGUE HONDURAS

Neste mes de novembro, cos últimos días de estancia das persoas participante no PCR neste 2011, vese gran movemento no blogue. Acabábamos outubro falando co noso socio local CODDEFFAGOLF sobre "de quen é a terra", e comezamos novembro falando sobre auga e medioambiente nas escolas do concello de Coray. Tamén se falou sobre problemática do acceso á enerxía na zona de traballo para rematar cunha reseña sobre os danos causados nunha das comunidades dos proxectos polo temporal de outubro-novembro.



BLOGUE DA MATERIA DE COOPERACIÓN DA UDC


Continuou a inactividade neste blogue, co grupo recargando as pilas para o inicio do novo curso (en marzal de 2012).




OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA

  • Páxina de Facebook de ESF Galicia. Conectada directamente ao twitter, para ampliar as canles de comunicación e información. Búscaa!
  • DESTACADO: Wiki de ESF Galicia. De novo operativa grazas ao apoio de GPUL. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
  • Twitter ESF Galicia. É un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento que vaian surxindo. Seguídeo e participade!!
  • Slideshare ESF Galicia. Ven de cumprir un ano de vida, ahí podedes ver algunhas presentacións e documentos sobre temáticas de interese de ESF.
  • Blogue de Enerxías, a finais de 2010 organizouse en Vigo unhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación en Vigo, que xa se poden ver na televisión da UVigo.
  • Blogue de Proxectos de El Salvador como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2004 e 2008 colaborando con ESF Catalunya, que se pecha colgando o informe de avaliación dos proxectos executados.
  • Grupo de Facebook de ESF Galicia, espazo para os esfeiros e que compartan información, experiencias, etc.
  • Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
  • Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.
  • Podomatic de ESF Galicia. Onde se van colgando diversas entrevistas ou participacións de ESF na radio e outro material sonoro xenerado.
  • Delicious de ESF Galicia. Xestor de enlaces web, de momento usado só para recopilar as aparicións de ESF Galicia en medios de comunicación dixitais.



OUTROS CANAIS ISFEROS



OUTROS ENLACES DE INTERESE


Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable


Cooperación e ONGD



Educación para o desenvolvemento

 

Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 



Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)



Tecnoloxía para o desenvolvemento humano



NOVAS PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e podes solicitalas para préstamo).

  • DVD de curtametraxes: "Minar" e "Sempre foron cinco". ACSUR Las Segovias Galiza.
  • CD con documentos variados sobre o conflicto no Sahara Occidental.


E NO PRÓXIMO MES ...



Para máis info sobre cursos e eventos consulta a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD




A ESF-RASE DO MES

"Desexo que atopedes un motivo de indignación. Iso non ten prezo. Porque cando algo nos indigna, convertémonos en militantes, sentímonos comprometidos e entón a nosa forza é irresistible".
Stéphane Hessel



No hay comentarios: