26 dic 2011

Sobre campañas y modelos de comunicar. And the winner is...

Hablamos sobre tres campañas que tuvieron bastante éxito de cara a fin de año:

La idea era comentar cual nos gustaba más y cual menos y por qué

-----------------------------------
Participante 1

Ola! A min o de MSF paréceme bastante impactante, e está claro que tirando de caras coñecidas a difusión é brutal (ademais teñen no youtube unha chea de "berros", ata está o de Xoel López!). O de Intermón tamén está guai, pero pra min o mellor é o último, o da campaña ECOM! É súper bo! Encántame o de usar música, a forma de ir cambiando os decorados,...todo!! é xenial!!

-----------------------------------
Participante 2

Finalmente as vin fai un rato e para min a mellor probablemente é a de MSF por impactante e orixinal, sen ter en conta que as caras coñecidas axudan na difusión, como dixo Participante 1 ;-). O de Ecom tamén me gustou, inda que eu penso que na escenificación estaría ben que representaran o modo de superar os problemas que teñen esas persoas (apenas saen un par delas). O de Intermón, pois non me tiña moi boa pinta, pero ao final tamén me parece bastante bó, inda que probablemente o peor dos tres.
-----------------------------------

Participante 3

Pues a mí la de MSF no me gustó na. Suena a.. pastillas para olvidar el dolor ajeno. Las compras y se pasa, te olvidas.

o pastillas para aliviar conciencias

----------------------------------

Participante 4

Eu opino como Participante 3. Igual é un bo método para recaudar fondos pero eu non consideraría eso sensibilización.

----------------------------------

Participante 5

Mmmm. A ver se consigo explicarme (isto significa, preparádevos: parrafada)

MSF: Carai, a min gustoume; pero teño bastante claro que o obxectivo da campaña non é a Sensibilización tal e como a entendemos nós (que quizais nos achegamos máis á idea de proceso), senon conseguir que a xente participe da campaña de MSF mercando esas pastillas. Eu enténdoa como unha fórmula máis moderna da Recaudación de Fondos. Todo un éxito (vendéronse 3 millóns de pastillas). Pero é o perigoso de vincular a sensibilización aos cartos, que se pecha o diálogo co receptor. Á pregunta de "e como podo contribuir a cambiar minimamente iso?" contéstaselle "mercando as pastillas". E punto. De todos modos eu lin a mensaxe como un xeito de ligar dores, o cal me parece moi interesante; igual ninguén pensou nunca "canto me doe que a xente morra?" e vendo eses berros (mimá o de Tosar é moi desgarrado) eu penso que a resposta xa comeza a plantar unha semente. O problema véxoo na resposta. Non é vincúlate, nin infórmate, nin abre os ollos. É merca.

ECOM: Gustoume. Pero tamén levo moito tempo metida en temas de sensibilización destes colectivos. A min ocórreseme que ao igual que se intenta "normalizar" a este colectivo no día a día, tamén sería interesante "normalizar" as propias discapacidades. Falando con xente de Radio Nikosia (colectivo radiofónico de persoas diagnosticadas con problemas de saúde mental) aos que lle fixen unha entrevista dixéronme: "Nosotros creemos que todos los seres humanos tenemos ciertas dificultades para sobrellevar la vida, por lo que todas las personas seríamos en cierto modo discapacitados. Desgraciadamente, las personas tendemos a pensar que las taras físicas, emocionales, etc. son exclusivas de los demás". Gustaríame comenzar a enfocar a comunicación por aí, aínda que é super arriscado! Creo que o egoísmo, a incapacidade de querer, a falla de empatía, a ambición mal entendida ou a maldade en termos xerais son discapacidades invisibles que non estigmatizan, pero que nos discapacitan como persoas. (barrenada)

INTERMÓN: Está guai desligarnos xa das mensaxes de victimización que nos fai inmunes a ese dor alleo da primeira Campaña. Tamén aí o obxectivo está claro, non? E o consigue: "moitas grazas persoas occidentais que viaxades en metro por ser socias de Intermón, porque o mundo está a cambiar grazas a vós". Falacias. Moléstame moito que nunha única campaña se elimine a nosa culpabilidade na situación das desigualdades internacionais. Non me aportou nada a min, persoa xa concienciada, pero creo que chega bastante ben ao público en xeral.

-----------------------------------------

Participante 1

Carai Participante 5! nada de parrafada! a min polo menos encántanme as túas reflexións! Grazas por compartilas! :)

Por certo o de "todos los seres humanos tenemos ciertas dificultades para sobrellevar la vida, por lo que todas las personas seríamos en cierto modo discapacitados" é xenialísimo! ;)

No hay comentarios: