26 ene 2012

Aberta a matrícula no curso SIX e cooperación

O que era unha ilusión de moita xente de poder achegar estas potentes ferramentas dos Sistemas de Información Xeográfica ao mundo de cooperación está máis cerca de cumprirse.

Xa se abriu o prazo de matrícula para o curso online de Introducción aos sistemas de información xeográfica (SIX) para a cooperación ao desenvolvemento que coorganizan Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, Enginyeria Sense Fronteres Catalunya e o SIGTE co apoio técnico do CartoLab da UDC, Icarto e o LaboraTe da USC e o soporte económico de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

Un apasionante (e ás veces complicado, dada a variedade de entidades participantes e a dispersión xeográfica) traballo en rede que da os seus froitos con esta primeira edición dun curso cunha temática á que non se podía acceder en España vía online.


Máis información sobre programa, matrícula e prezos aquí


Ademais tamén está aberto o prazo para outro curso ben interesante que xa vai pola segunda edición sobre Soberanía Alimentaria, organizado por ISF Valencia.

No hay comentarios: