27 feb 2012

27 de Febreiro e 1º Exposición SensiCom 2012


1976.

27 de febreiro.

República Árabe Sharaui Democrática.

Independencia.


2012.

27 de Febreiro.

RASD.

36 anos despois seguimos a loitar pola independencia Saharaui!




"Ó pouco de comezar en Enxeñería Sen Fronteiras foi creado o grupo de
Sensibilización na área de Compostela co obxetivo de dar a coñecer a
problemática que o pobo saharaui estaba a sufrir e a responsabilidde que España,
como país colonizador, tiña sobre a súa independencia.
Están a piques de cumprirse 5 anos dende a miña entrada nesta ONGD, e o
pobo saharaui e a responsabilidade española seguen exactamente igual a pesar de
todas as movilizacións que este pobo leva feito nestes anos. Inexistente é a
movilización política sexa cal sexa a cor que estea máis arriba...
Só o pobo, español e saharaui, poden crear incidencia para que isto
mude."
María VR


-----

Dende hoxe está colocada no Salón de Actos da biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela, unha exposición que leva por nome "Achégate a Coñecer outras Realidades" e que pon en movemento o grupo SensiCom de Compostela.


Nela poderedes atopar unha sección adicada a Sáhara e onde poderedes apoiar ás RASD coa vosa foto. Tamén unhas marabillosas fotografías sobre os proxectos de Honduras e Nicaragua. Todas elas documentadas con mapas e paneis explicativos. Así mesmo, ESF tamén ten o seu pequeno rincón como ONGD.


De momento non vos poñemos fotos para que vos pique a curiosidade e vos animedes a visitala in situ. Poderedes facelo ata o 5 de Marzo!!




1 comentario:

Anónimo dijo...

Chicas!! Enhorabuena por el trabajo! Hoy fui a verla y está chulísima!! La próxima vez hay que poner un cartel en la entrada, para que se encuentre mejor, que me costó! todo el mundo va directamente a los ascensores!