1976.
27 de febreiro.
República Árabe Sharaui Democrática.
Independencia.
2012.
27 de Febreiro.
RASD.
36 anos despois seguimos a loitar pola independencia Saharaui!
"Ó pouco de comezar en Enxeñería Sen Fronteiras foi creado o grupo de
Sensibilización na área de Compostela co obxetivo de dar a coñecer a
problemática que o pobo saharaui estaba a sufrir e a responsabilidde que España,
como país colonizador, tiña sobre a súa independencia.
Están a piques de cumprirse 5 anos dende a miña entrada nesta ONGD, e o
pobo saharaui e a responsabilidade española seguen exactamente igual a pesar de
todas as movilizacións que este pobo leva feito nestes anos. Inexistente é a
movilización política sexa cal sexa a cor que estea máis arriba...
Só o pobo, español e saharaui, poden crear incidencia para que isto
mude."
María VR
-----
Dende hoxe está colocada no Salón de Actos da biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela, unha exposición que leva por nome "Achégate a Coñecer outras Realidades" e que pon en movemento o grupo SensiCom de Compostela.
Nela poderedes atopar unha sección adicada a Sáhara e onde poderedes apoiar ás RASD coa vosa foto. Tamén unhas marabillosas fotografías sobre os proxectos de Honduras e Nicaragua. Todas elas documentadas con mapas e paneis explicativos. Así mesmo, ESF tamén ten o seu pequeno rincón como ONGD.
1 comentario:
Chicas!! Enhorabuena por el trabajo! Hoy fui a verla y está chulísima!! La próxima vez hay que poner un cartel en la entrada, para que se encuentre mejor, que me costó! todo el mundo va directamente a los ascensores!
Publicar un comentario