Un grupo de voluntarios da sede de A Coruña, xa integrados noutros grupos e vinculados no último ano a través de actividades realizadas en colaboración, con inquedanzas semellantes, decidiron crear un novo grupo que dese resposta ós problemas relacionados coa auga.
A xestión do ciclo integral da auga será o eixo principal deste novo grupo. Coñecer os diferentes modelos de xestión, a situación do recurso hídrico en Galicia e as condicións de acceso a este dereito humano, así como o traballo que estan a levar a cabo outras redes estatais como a RAP, organizacións coma FNCA ou a PCPCYII serán os principais frentes de traballo.
Destacamos o traballo en rede coma un proceso pertencente á Educación para o Desenvolvemento, e non coma unha ferramenta para acadar obxetivos. Os membros das redes deste eido atópanse en diferentes fases, polo que atopamos moi productivo entrar a formar parte das redes dende a creación do grupo para seguir os seus pasos, medrar o coñecemento das inquedanzas compartidas e coñecer de primeira man os conflitos relacionados coa auga no ámbito nacional e, a menor escala, internacional. Con este plantexamento esperamos poder dar resposta ás inquedanzas e problemas que haxa ou poidan xurdir no eido da comunidade autónoma.
Unha das primeiras actividades do grupo, compartida cos grupos de EpD e Honduras-Auga foi unha charla na asemblea do 15M que tivo lugar o 13 de maio no Obelisco. Dando resposta á invitación que a asamblea do 15M en A Coruña fixo a ESF, este tres grupos impartiron unha charla sobre os datos básicos relacionados co acceso a auga no mundo.
Voluntarios de ESF preparando as tarxetas empregadas durante a charla. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario