Está ben, unha imos facer unha entrada curtiña dende a sede de
Vigo.Que mellor maneira de estrear o cargo de comunicador vigués que coa
charla presentación da sede no Café Uff. Tal e como publicara o noso
compañeiro Andrés no blogue o tema a tratar forón as "Tecnoloxías
apropiadas".
O noso novo coordinador de sede Ton Ríos obsequiounos cunha entretida presentación chea de profundas reflexións, divertidos vídeos e algunha que outra dinámica que
puxo a proba a atención dos asistentes. Foi unha charla ben interesante que nos fixo reflexionar acerca da conveniencia dos adiantos que coa intención de mellorar as condicións de vida dunha determinada sociedade poderíamos tratar de introducir. Coma sempre a boa intención non o é todo. Compre analizar en profundidade o impacto e sostibilade da mellora que pretendemos implementar.
Unha aperta dende Vigo!

1 comentario:
da gusto ver a Tom outra vez por Vigo!
Publicar un comentario