1 oct 2012

Resumo blogueiro: setembro 2012

CONTIDOS




  • Blogue de Vida Asociativa 
  • Blogue Honduras 
  • Blogue materia de cooperación da UDC 
  • Outros recursos 2.0 de ESF Galicia 
  • Outras canles ISFeras 
  • Enlaces de interese 
  • Publicacións en físico 
  • E no próximo mes ... 
  • A ESFrase do mes



BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA


Neste mes de setembro, abrindo o novo curso, temos unha nova entrega do resumo das actividades da Xunta Directiva de ESF. Tamén houbo tempo para unha reflexión baseada nunha recomendación bibliográfica.




BLOGUE HONDURAS

En setembro as tres persoas participantes no PCR contáronnos de xeito moi ameno como van as cousas no peche do programa de auga en Coray, tanto nas comunidades como El Terrero ou Portillo Colorado en Coray, como na zona de Marcovia, onde se está a pechar tamén o programa de agua potable e saneamento. Tamén coñecimos os avances na construción do centro de acopio en Guameru cun par de entrevistas interesantísimas (a un dos técnicos e a unha das mulleres que o manexarán) e houbo tempo para visitar e aprender en Nicaragua sobre proxectos sobre acuicultura artesanal e cría de tartarugas.




BLOGUE DA MATERIA DE COOPERACIÓN DA UDC


Continuou a inactividade neste blogue, co grupo recargando as pilas para o inicio do novo curso, onde pode haber cambios nesta materia (que se impartirá só para as titulacións da Escola de Camiños, co novo Plan Boloña).




OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA

  • Páxina de Facebook de ESF Galicia. Conectada directamente ao twitter, para ampliar as canles de comunicación e información. Búscaa!
  • DESTACADO: Wiki de ESF Galicia. De novo operativa grazas ao apoio de GPUL. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
  • Twitter ESF Galicia. É un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento que vaian surxindo. Seguídeo e participade!!
  • Slideshare ESF Galicia. Ven de cumprir un ano de vida, ahí podedes ver algunhas presentacións e documentos sobre temáticas de interese de ESF.
  • Blogue de Enerxías, a finais de 2010 organizouse en Vigo unhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación en Vigo, que xa se poden ver na televisión da UVigo.
  • Blogue de Proxectos de El Salvador como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2004 e 2008 colaborando con ESF Catalunya, que se pecha colgando o informe de avaliación dos proxectos executados.
  • Blogue de Proxectos de Nicaragua como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2006 e 2010
  • Grupo de Facebook de ESF Galicia, espazo para os esfeiros e que compartan información, experiencias, etc.
  • Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
  • Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.
  • Podomatic de ESF Galicia. Onde se van colgando diversas entrevistas ou participacións de ESF na radio e outro material sonoro xenerado.
  • Delicious de ESF Galicia. Xestor de enlaces web, de momento usado só para recopilar as aparicións de ESF Galicia en medios de comunicación dixitais.





OUTRAS CANLES ISFERAS



ENLACES DE INTERESE


Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable


Cooperación e ONGD



Educación para o desenvolvemento


Iniciativas



Investigación para o desenvolvemento 




Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado




PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións disponibles xa catalogadas

Este mes:





E NO PRÓXIMO MES ...



Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD




A ESF-RASE DO MES

Cando dous elefantes loitan é a herva a que sofre.
Proverbio de Uganda

No hay comentarios: