19 dic 2012

Fracking, que é?

O fracking ou fractura hidráulica é un método de extracción de combustibles fósiles do subsolo, almacenados en estratos de pizarra, polo que tamén se lle conoce coma gas pizarra (shale gas).

Esta innovadora técnica consiste na perforación vertical de ata catro kilómetros de profundidade, e outros tantos en horizontal a través dos cales se inxecta auga e area, xunto cunha mestura de máis de 500 químicos, logo de realizar unha serie de voaduras no interior para fracturar os estratos de lousa. Desta forma o gas é liberado e finalmente extraído xunto cá auga para ser tratada posteriormente nunha planta de separación.

As posibilidades económicas que xenera este método son incalculables, pois fai posible a extracción de unha cantidade enorme deste combustible pola simple razón de facelo viable económicamente. É tal a cantidade deste tipo de gas no mundo que se calcula que podería prolongar nun 30% o noso modelo de vida baseado nos combustibles fósiles.

Agora ben, é realmente e viable? é unha solución enerxética para o futuro? ou simplemente é unha tentadora posibilidade económica?


4 comentarios:

Anónimo dijo...

O meu comentario é sobre o título do gráfico:

"No al fracking ¿en Europa?".

E noutros sitios si?. Supoño que o gráfico non é noso pero creo que nós deberiamos deixar claro que si non nos gusta en Europa tampouco nos gusta en calquera outra parte.

Saudos.
Agustín.

Guillermo A. Botello dijo...

Boas

Agustín, o título do gráfico "No al Fracking en Europa" fai referencia ó movemento europeo contra a fractura hidráulica, debido a crecente cantidade de proxectos por Europa adiante para extraer o gas.

Pero dubido moito que iso leve implícito que nos parezca ben que noutros sitios si.

Anímote a seguir e participar nas actividades que se están a levar a cabo en ESF contra o fracking.

Saudiños.

Roberto Roget Antelo dijo...

Pois a min paréceme unha curta moi clarificadora, de feito estaba a buscala con subtítulos, parabéns!

Unknown dijo...

Acabo de atopar este enlace na web de radio televisión española sobre o tema.
Creo que está moi completo e amplía moitísimo a información.

http://lab.rtve.es/fracking/

Paga a pena.

Saúdos,
Marta Vázquez Rodríguez