Enxeñería
sen Fronteiras e a Coordinadora Galega de ONGD organizan as I
Xornadas de Voluntariado e Cooperación para o Desenvolvemento
O
evento terá lugar o vindeiro venres 25 de xaneiro ás 16:30 horas na
Escola Técnica Superior de Enxeñería, Campus Vida (USC).
Santiago
de Compostela, 22
de xaneiro.
As
organizacións que nos dedicamos á Cooperación para o
Desenvolvemento somos conscientes de que existe un grande
descoñecemento non só no traballo que estamos a realizar, senón
tamén das posibilidades que existen de participar activamente como
persoa voluntaria nas nosas entidades. O obxectivo
das
presentes xornadas é crear
un espazo de reflexión entorno ao voluntariado de Cooperación para
o Desenvolvemento,
no que compartir experiencias e distintas perspectivas xunto a
persoas voluntarias de distintas organizacións, as administracións
públicas dedicadas a traballar estas temáticas e outras persoas
encargadas de xestionar o voluntariado en distintas entidades.
Programa
das Xornadas:
Mesa
redonda: A visión do voluntariado desde a Administración
Horario: 16:30-18:00
Carolina
Diz, técnica
da Subdirección Xeral de Cooperación Exterior.
Daniel
González Palau, Secretaría
Técnica do Fondo Galego de Cooperación.
Representante
da Subdirección Xeral de Voluntariado e Cooperación.
18:00-18:30. Descanso
Obradoiro:
Compartindo
experiencias.
Horario: 18:30-20:30.
Espazo de reflexión e
traballo colectivo sobre as distintas concepcións do voluntariado
que teñen as organizacións participantes, a imaxe que se transmite
do que é o voluntariado de Cooperación para o Desenvolvemento e a
importancia do mesmo no momento actual.
POR
QUE UNHAS XORNADAS DE VOLUNTARIADO?
- Porque en Galicia somos máis de 1600 persoas vinculadas de xeito activo ás distintas ONGD galegas.
- Porque o voluntariado de Cooperación para o Desenvolvemento non se sitúa exclusivamente nos países empobrecidos. As entidades que traballamos o desenvolvemento en Galicia dedicámonos a difundir e a traballar, entre outras temáticas, o consumo responsable, a equidade de xénero, a banca ética, o acceso aos servizos básicos, a soberanía alimentaria e o respecto ao medio ambiente.
- Porque ante un contexto cambiante, afectado principalmente pola crise sistémica, o compromiso da cidadanía pola xustiza social é máis necesario ca nunca.
- Porque o voluntariado é un proceso de transformación persoal e de construción colectiva que se debe fomentar e facilitar para conseguir unha cidadanía activa e comprometida.
1 comentario:
Tiene una pinta increíble!!!! :) Enhorabuena por la organización, ya contaréis los resultados!! :)
Publicar un comentario