Este sábado, 19 de xaneiro tivo lugar a Asemblea Xeral da Asociación Fiare Galiza. Unha asemblea de moita importancia debido ás mudanzas nas que está inmersa a asociación. Para quen queira saber máis sobre o Proxecto Fiare, deixo aqui unha "non tan breve" explicación do seu funcionamento, os seus obxectivos a curto prazo, e as decisións que se adoptaron nesa asemblea, onde ESF estivo representada por un dos seus colaboradores.
Como sabedes, o proxecto Fiare está espallado por toda España, estruturándose través de distintas asociacións territoriais, que funcionan polo principio de igual representatividade, unha persoa ou asociación socia, un voto. Da igual canto aporte a socia para o capital social, non ten máis votos quen máis aporta. Para pasar a formar parte do proxecto hai que aportar unha cantidade para capital social, no caso das persoas físicas un mínimo de 300 euros, e no caso das asociacións 600. Tanto as asembleas como as xuntas directivas son abertas e pode asistir todas as persoas interesadas, aínda que solo teñen voto as socias. O obxectivo final do proxecto Fiare, e por tanto tamén da Asociación Fiare Galiza é canalizar o aforro da cidadanía comprometida cara ás necesidades sociais que precisen financiamento. Para que un crédito sexa concedido primeiro ten que ser aprobado polo comité ético da zona onde se solicita, e despois ser analisado desde o punto de vista financeiro nunha das 3 existentes hoxe (Bilbao, Madrid ou Barcelona). A Galiza correspóndelle a oficina de Bilbao. Aínda que o proxecto sexa declarado non viable en termos económicos, os comités éticos poden insistir na súa importancia, se así o consideran oportuno, e o persoal da oficina bancaria debe entón precisar que modificacións son necesarias para que o proxecto poida levarse a termo.
Debido a que ata agora Fiare non ten licenza para operar con produtos de banca tradicional (conta corrente, tarxeta de débito e banca online (algún depósitos si)), Fiare vén traballando en España como “axente da Banca Poppolare Etica”, cooperativa de banca ética italiana, a través dun convenio que permitiu ofrecer algún produtos bancarios (por exemplo, conceder créditos a proxectos). O obxectivo inicial era lograr a licenza bancaria para poder ser “banca ética española”, máis esta intención foise complicando, pois cada vez que se tentaba acadar o mínimo capital social para obter esa licenza, as condicións impostas polo Banco de España aumentaban, según nos iamos adentrando na crise actual. Chegou un momento en que se recoñeceu que non sería posible acadar a licenza española para operar como banco, e entón fixouse a ollada na posibilidade de integración coa Banca Popolare Etica, que funciona en Italia desde hai máis de vinte anos. O proceso de integración foi complexo pero xa está a piques de culminarse, de aquí a xuño só falta que o Banco de Italia dea o visto e prace, e informar ao Banco de España do inicio da actividade. É a partires do mes de xuño cando está previsto que se poda comezar a operar, coa funcionalidade via Internet xa prevista, dun xeito autónomo e completo, esperando que se poidan abrir máis oficinas de información, e que a figura do banqueiro ambulante solucione todos os trámites naqueles lugares onde non conten con oficina bancaria desde o principio. Esta figura de banqueiro ambulante permitirá facer os trámites a todalas clientas e clientes que desexen achegarse a este modelo de banca ética.
Neste contexto, a asemblea deste sábado supuxo a aprobación de cambios na nosa estrutura interna, para adaptar o mellor posible o noso funcionamento ao da cooperativa Banca Poppolare Ética, na que nos estamos integrando en calidade da “5ª área”, chamada área Fiare. Tamén se aprobou que Galiza se separe en dous GITs (grupos de implantación territorial): GIT-Norte (agrupando as persoas socias de A Coruña, Compostela, Ferrol, Lugo… e as que se vaian sumando); e GIT-Sur (agrupando Vigo, Pontevedra e Ourense). Nun principio ESF Galicia estará representada como socia no GIT-Sur, pero isto non supón impedimento para que poida estar representada tamén no GIT-Norte.
Como consecuencia desta integración, a asociación Fiare Gz, ao igual que as outras asociacións pertencentes ao proxecto Fiare, están debatindo de que maneira non perder toda a riqueza do traballo en rede de denuncia e sensibilización que en principio non se pode facer tal como ata agora no marco “bancario” da cooperativa.Para solucionar este atranco, estáse a falar da posible creación dunha segunda forma xurídica, que se decidirá despois de que finalice o proceso de integración. Esta non sería máis que a forma de dar saída a tódalas actividades nas que as asociacións e ONGs socias de Fiare están promovendo e interesa que sigan funcionando dentro de Fiare. Non está claro que se vaia acordar a formación desta segunda forma xurídica, pois aínda hai moito por debater. Con esa intención se nos convoca ás organización socias do proxecto para o día 23 de febreiro en Compostela, e achegarnos así toda a información necesaria e poñer en común posicionamentos e ideas de colaboración.
Mentres estamos no proceso de integración, e ata que non se decida esto último, a Asociación Fiare Galiza realizará labores de coordinación entre os dous GIT creados. Na asemblea renovouse a xunta directiva para que continúe ata o final deste proceso e nombrouse membro da xunta directiva, como responsable de comunicación ao representante de ESF Galicia.
Por último, está pendente cubrir o compromiso de fondo perdido para gastos de constitución que a asociación arrastra desde hai anos (aluguer oficinas, nóminas das persoas traballadoras das oficinas…). Constituíuse unha comisión para organizar eventos, comidas solidarias, mercados de segunda man ou concertos, co obxectivo de recadar fondos. Pedíusenos tamén un esforzó ao respecto ás persoas e asociacións que formamos parte do proxecto, estimado entre 30 e 300 euros segundo a capacidade da persoa ou asocicación.
Unha grande aperta esfeira para todas e todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario