Enxeñería Sen Fronteiras Galicia en colaboración coa Coordinadora Galega de ONGD van a levar a cabo as I Xornadas de Voluntariado de Cooperación para o desenvolvemento que se celebrará o venres 25 de xaneiro en Santiago de Compostela.
O obxectivo de
ditas xornadas é crear un espacio de reflexión en torno ao
voluntariado de cooperación ao desenvolvemento no que compartir
experiencias e visións xunto a persoas voluntarias de distintas
organizacións, administracións e outras persoas que xestionen
voluntariado.
O programa extructurarase do seguinte xeito:
16:30-18:00. Mesa redonda: A Visión do voluntariado dende a Administración.
Invitarase
a administracións que traballan con organizacións con voluntariado de
cooperación (Subdirección Xeral de Cooperación Exterior, Subdirección Xeral de Voluntariado e Cooperación
, Fondo Galego de Cooperación, etc) para que compartan coas ONGD o seu
punto de vista sobre o voluntariado, que debilidades atopan no sector,
como se fomenta e propostas de mellora para realizar tanto dende a
administración como dende as ONGD.
18:00-18:30. Descanso
18:30-20:30. Obradoiros. Compartindo experiencias.
Segundo
o número de participantes realizaranse distintos grupos para tratar
distintos temas en torno ao voluntariado de cooperación.
Cada grupo intentará sacar unhas conclusións e ao final do obradoiro exporanse en conxunto.
Polo tanto gustaríanos convidarvos a
participar nestas xornadas para compartir tanto ca administracións como
con outras ONGD o punto de vista sobre o voluntariado de cooperación,
ese gran descoñecido para a sociedade en xeral.
Para
inscribirse é necesario enviar os teus datos (nome, apelidos, mail de
contacto e asociación ou entidade a que pertences) a seguinte dirección
de correo: compostela@galicia.isf.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario