30 dic. 2012

Voluntariado activista, creatividade e optimismo para comezar o 2013!

Xa se coñecen os orzamentos para 2013 da Xunta de Galicia. A Cooperación para o Desenvolvemento ocupa o último lugar nas partidas e para o próximo ano sufriu unha baixada importante (ver páxinas 63 e 64). Mantense a Subdirección Xeral de Cooperación e aínda destinaranse cartos para manter a estrutura da Subdirección. Asi mesmo, os cartos comprometidos xa para 2013 das convocatorias de 2012 mantéñense (Bolseiros, Cooperación, Educación, etc). A mala nova é que os cartos restantes son apenas 400.000,00 euros. Manterase un convenio coa Coordinadora de ONGD (60.000 euros fronte aos 90.000 doutros anos) e quérese sacar únicamente unha convocatoria de Axuda Humanitaria (o cal dí moi pouco da aposta polo sector da cooperación ao desenvolvemento por parte da Xunta de Galicia a pesar das promesas pre-electorais do PPdG). Nuns días se terá unha análise máis polo miúdo do que representa esta redución, que implica ademais o non comprometer partidas en cooperación ao desenvolvemento para o 2014.

En resumo, no ano 2013 non haberá convocatorias da Xunta, nin de cooperación, nin de educación para o desenvolvemento, nin de Fortalecemento. Non haberá convocatoria de persoas bolseiras e elimínase o convenio da Xunta co Fondo Galego de Cooperación
 
Ante esta noticia, faise necesaria unha pequena inxección de OPTIMISMO que mandamos tras a reunión de Voluntariado de onte pola mañá

- É a nosa oportunidade de planificar sen axustarse a un financiador - algo que sempre dicimos e quizais poucas veces facemos.
- É a nosa oportunidade para realzar o valor do voluntariado - o gran potencial de ESF que permítenos gracias ao activismo das persoas facer moito con "moi pouco".
- É a nosa oportunidade para diversificar as fontes de financiamento: Concellos, Universidades, UE, AECID, afianzar e ampliar persoas socias, lei de mecenazgo, crowfunding...
 

A pesares de todo isto non imos deixar de presionar desde a comisión de incidencia da Coordinadora Galega de ONGD, por coherencia e para que a cooperación continúe sendo una política pública e social, xa que non importa onde estean as persoas vulnerables e os sen voz (de ahí o sen fronteiras), contra o que demagóxicamente se está a querer transmitir nos últimos tempos.

Xa rematando, lédevos esta pequena entrada antigua que nos recordar as orixes da asociación: as persoas e a nosa visión colectiva de mundo xusto e solidario :) :
Así que grupos de traballo, xente, seguide cos vosos plans e a vosa ilusión!! E os medios materiais necesarios, buscarémolos onde e como faga falla!! - mantendo por suposto os nosos criterios éticos e solidarios ;)

Agárdanos un ano 2013 cheo de retos como asociación e como persoas voluntarias... así que preparádevos para formarvos e motivarvos realzando o valor do voluntariado como unha forma altruista de crear riqueza social e potenciando esa creatividade que tod@s temos dentro. O plan de formación de voluntariado, que elaboramos onte pola mañá, está orientado nesta dirección. Pronto publicaremos as propostas no blogue para seguir reinventándonos e non desistir na creación colectiva dun mundo cada día un pouquiño mellor.

3 comentarios:

Patricia Iglesias dijo...

Concordo! ante mal tempo boa cara!!! e este ano toca potenciar aínda máis o voluntariado!!!! pero o activista!

Anxo dijo...

Ti non decides cando vivir, pero decides como vivir

Chelo dijo...

Atención al link externo de la noticia: "recortar en cooperación es una opción extremadamente dolorosa, pero la otra opción, a lo mejor, es recortar pensiones o cerrar ambulatorios". Qué viva el populismo... Ayer justo en la radio también escuché algo del estilo: sí, es una pena recortar en cooperación pero claro "si los problemas están en casa". A mí que no me engañen, pero si somos insolidari@s, somos insolidari@s siempre, haya crisis o no, con los "de casa" y con los "de fuera". Las excusas baratas y las falsas justificaciones no me gustan nada, nada. =S Estamos hablando de derechos humanos, responsabilidad social y solidaridad... no de caridad o peor aún, "dar lo que nos sobre" Creo que aún tenemos que evolucionar mucho socialmente...