E o vindeiro 9 de Marzo o imos celebrar en Santiago. Polo de agora, tan só temos un esbozo do programa:
Maña: Asamblea
Comida vertebradora
Tarde: actos
conmemorativos
Cea
Estamos a buscar un sitios en Santiago onde facer a celebración e incluso dormir, e para os que teñan rapazallada, contaremos con servizo de gardería.
A ocasión ven merece invitar a todas as persoas que pasaron por ESF dende as súas orixes... así que estamos intentando contactar co máximo de xente que pasou pola asociación, que foi e se sintiu nalgún momento ESF. Así que se corra a voz!
... e se non podes vir e queres aportar dalgún xeito, contacta con nós!! que seguro que se nos ocurre algo ;-)
... se tes algunha idea para os "actos conmemorativos" ou queres axudarnos ca organización, a comisión de festas está aberta a quen queira unirse!
... en breve máis información.
... porque 20 anos non son nada! :-)
A comisión de festas :-)
No hay comentarios:
Publicar un comentario