Este venres 22 de febreiro reuniuse o Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento, o CONGACODE, un órgano consultivo da Xunta de Galicia en materia de cooperación para o desenvolvemento, aínda que non é vinculante, este é o único instrumento oficial onde as ONGD temos voz e voto.
Ademáis do propio sector (a través de 5 representantes da coordenadora galega de ONGD), a Xunta de Galicia conta con 11 representantes de distintas consellerías ou subdireccións como Sanidade, Facenda, Mar e Medio Rural, Presidencia ou órganos como Augas de Galicia. Outros membros do consello son:
- Fondo Galego de Cooperacion (Fogacosol)
- Confederación de Empresarios.
- Consello Galego de Universidades
- Expertos independentes:
- José Manuel Sobrino (UdC)
- José Manuel Sobrino (UdC)
- Irene Manzano (USC)
- Emilio Martínez (UVigo)
- Emilio Martínez (UVigo)
e os ausentes Obra Social de Novacaixagalicia e as Comunidades Galegas no Exterior.
Un dos puntos máis importantes da orde do día era a aprobación do Proxecto do Plan Anual de Cooperación Galega do 2013, no cal a Xunta de Galicia, recortará o orzamento un 36%
respecto 2012 e un 64% dende 2009, o maior recorte social
da historia en Galicia. Ademais, e por primeira vez dende
2004, en Galicia non haberá subvencións para proxectos de
cooperación ao desenvolvemento nin bolsas de formación en
cooperación. Eliminaranse tamén as subvencións para
microproxectos, fortalecemento institucional e acción
humanitaria. E tampouco se financiarán os convenios co
Fondo Galego de Cooperación e coas universidades. Unicamente, e tras a negociación da propia coordenadora galega de ONGD ca Subdirección Xeral de Cooperación Exterior, neste 2013 haberá unha convocatoria de educación para o desenvolvemento por valor de 200.000 euros. Así que aparte de algún convenio puntual, como o da Coordinadora, o groso do orzamento para 2013 cubrirán os pagos das segundas
anualidades dos proxectos aprobados en 2012.
A pesares de que en 2013, os orzamentos dedicados a cooperación en
Galicia quedarán nun paupérrimo 0,05%, o plan de cooperación 2013 contou unicamente cos votos en contra das ONGD e o experto independente Emilio Martínez (6) e a abstención do Fogacosol. O resto foron votos positivos (15). Así que
a responsabilidade e a obriga moral de contribuír ao
desenvolvemento dos territorios que menos teñen quedarán
orfas.
Non vos parece vergoñento??
5 comentarios:
Despois disto, non sei como é que a Subdirección Xeral de Cooperación Exterior e demais chiringuitos afíns continúan a existir. O seu orzamento practicamente é para si mesmos. Máis que vergoñento, surrealista.
En realidade o orzamento non é a maioría para a Subdirección Xeral (de feito non lles viría mal algo máis de persoal...). O que pasa é que o ano pasado fixeron a manobra de que aos proxectos bianuais lles daban o 30% do orzamento no 2012 e deixaron o 70 para 2013, co que este ano, como baixaron un 35% o orzamento para cooperación respecto do ano pasado (cando o orzamento xeral da Xunta baixou sobre un 7%), apenas lles quedou diñeiro para pagar os compromisos do ano pasado.
OK, Sergio, pero segue a ser vergoñento.
Paréceme especialmente impactante os votos a favor das dúas persoas expertas da Universidade. Explicaron por que lles parecía positivo o Plan do 2013? Empezando por que as universidades están bastante fóra de todo o orzamento.
pois os expertos mostráronse moi comprensivos cos orzamentos da subdirección, acordes ca dificil situación económica... E o unico reproche foi que a única convocatoria que vai sair este ano non se abrira a universidade, e que a EpD estivera nas mans das ONGD.Cando a verdade poden ir como socios das ONGD... A min doume a impresión de que por encima que hai poucos cartos, en vez de estar unidos, peleámonos por eles... triste!e en tal caso, merece calquera cousa menos un voto positivo!!!!
Publicar un comentario