Despois de cancións navideñas, reunións familiares e algunha que outra reunión ESFeira... @s divertidill@s comezamos o ano 2013 cheos de enerxía!! :) A que adicamos o tempo libre neste mes?
Reunión da Xunta Federal
Compártense os documentos para os orzamentos federais que se moveron na lista
de Xunta Federal as últimas semanas e a acta da reunión de Junta Federal
do pasado xoves á que asistiu Sandra como Presidente de ESF Galicia. Desta reunión temos como pendentes:
1.- Organizar un obradoiro sobre a Federación: Hai
unha comisión creada a nivel federal para facelo en todas as ISF e
recoller as conclusións. Quérese saber cales son as consecuencias de non poder contratar persoal para a Federación e cales son as prioridades dos servizos federais.
2.- Dar apoio a comunicación a nivel federal xa que estes meses e polo menos ata a próxima asemblea federal do 2 de marzo non hai persoa contratada.
TECENDO REDES - COORDINADORA GALEGA DE ONGD
Reunión de urxencia coas ONGD o día 18 de xaneiro
A Xunta ten previsto recortar un 38% o orzamento de cooperación, un feito que levará cara a eliminación das convocatorias de cooperación exterior, microproxectos, educación para o desenvolvemento e fortalecemento das organizacións. Segundo o orzamento 2013 soamente dedicará 400.000 euros a unha convocatoria de acción humanitaria. O resto dos fondos orzamentados para 2013 cubrirán os pagos das segundas anualidades dos proxectos aprobados en 2012. O convenio anual coa Coordinadora pasará de 90.000 a 60.000 euros. Na reunión, ademais de poñernos ao día sobre as accións que se levaron a cabo, traballouse para marcar de forma conxunta as actividades que como Coordinadora levaremos a cabo en 2013 nestas liñas:
- Incidencia política: de momento representantes da Coordinadora reuníronse cos distintos grupos parlamentarios para propor enmendas aos orzamentos da Xunta e para afianzar o compromiso dos grupos parlamentarios coa cooperación galega.
- Mobilización e Comunicación: todas as ONGD deben explicar cales son e serán os efectos do desmantelamento da cooperación ao desenvolvemento tanto no exterior como en Galicia. Queremos achegar datos aos medios e á cidadanía que vaian máis aló das cifras dos recortes. Queremos falar das consecuencias que terá o fero dos procesos de desenvolvemento que se están a levar a cabo.
Asisten dúas persoas por parte de ESF Galicia. Pensamos que é un momento clave que debería ter toda a nosa atención...
Na lista aparecen as seguintes ideas sobre os efectos da cooperación:
"El ejemplo que me parece más fácil es el marisco de San Lorenzo que
potencialmente llega a nuestras mesas en Galicia, sin que lo sepamos, y
que llegará más si frenamos la cooperación. Sin cooperación
conseguiremos empobrecer la calidad de vida de muchas personas de las
que sí que somos responsables porque estamos importando sus productos y
su trabajo en condiciones totalmente injustas y desproporcionadas. Me parece que esta perspectiva puede ayudar a ver
que la Cooperación no es una donación caritativa que se debe parar en
tiempos de crisis, si no que es un mecanismo de superación de las
relaciones insostenibles que provocan la ruina de sociedades de todo el
planeta. Abrir los ojos a esto es clave en la situación actual del
sector, en mi opinión."
Reunión de representantes da CGONGD con Alfonso Rueda, conselleiro de Presidencia, AAPP e Xustiza e Jesús Gamallo, director xeral de Relacións Exteriores e coa UE.
"Pois eu non sei. Que pasa si desaparece a educacion para o
desenvolvemento? ou unha campaña de auga en concreto? pois a verdade e
que non sei. Penso que son procesos moi longos que poden levar a unha
mellora da sociedade, ou a unha cidadania mais critica e xusta. Pero
tampouco penso que sexa si ou si, quero dicir, non creo que se poida
decir que si non a hai pasa "isto". O unico que vai a pasar, como minimo, e que a sociedade siga tal como esta."
Tamén preguntamos ás socias locais a súa opinión. Pódese ler aquí e aquí. Tamén concedéronse entrevistas á prensa (El País Galicia). A reunión coas ONGD foi sobre todo informativa e para buscar novas ideas de acción conxunta para que se unan outras ONGD da coordinadora que estean menos activas.
Tamén preguntamos ás socias locais a súa opinión. Pódese ler aquí e aquí. Tamén concedéronse entrevistas á prensa (El País Galicia). A reunión coas ONGD foi sobre todo informativa e para buscar novas ideas de acción conxunta para que se unan outras ONGD da coordinadora que estean menos activas.
A mensaxe de incidencia foi que aumenten os
fondos para que se poida sacar convocatoria este año, polo menos 1,5
millones; que prioricen a Educación para o Desenvolvemento; que comprometan fondos tamén
para 2014 a través de proxectos bianuales.
Alfonso Rueda, dende o principio, deixou claro a imposibilidade de subir os orzamentos de cooperación aos niveis requiridos dende a Coordinadora. Non intentou xustificar o recorte con ningún argumento. Simplemente dixo que o sentía moito pero que “dadas as circunstancias” non había posibilidade de subida os orzamentos de cooperación para o 2013. Dixo que el estaba comprometido coa política de cooperación galega, que a cooperación galega non vai desaparecer nin se vai desmantelar ao longo desta lexislatura. Que se elaborará o III Plan Director, que seguirá existindo a Subdirección Xeral de Cooperación Exterior, a cal se dotará dun orzamentario mínimo na partida dedicada a cooperación. En ningún momento dixo cal sería ese mínimo orzamentario. O que deixou claro é que “Galicia non vai a seguir o exemplo doutras CCAA” e sacar convocatorias irrisorias. Gamallo engadiu que había que ser optimista porque que o ano 2014 pode ser un ano positivo para a cooperación galega xa que se liberan os compromisos adquiridos e se comeza a traballar dende cero, coa posibilidade de afondar en acordos e estratexias futuras.
Alfonso Rueda propuxo á Coordinadora a posibilidade de presentar conxuntamente unha emenda parcial aos orzamentos: co diñeiro dispoñible para convocatoria deste ano, e cun compromiso orzamentario para o ano próximo. A Xunta Directiva da Coordinadora, non puido contestar nese momento por non ter a opinión de todas as ONGD. Logo de estudar diferentes opcións, decidiu nunha reunión posterior non presentar esta última proposta como emenda parcial aos orzamentos xerais. A Xunta Directiva cre que presentar unha emenda parcial destas características (unha emenda de mínimos) suporía, en certo modo, difuminar a emenda presentada que alude ao compromiso de manter os orzamentos de cooperación a niveis de 2012 ou recortar proporcionalmente estes orzamentos. Ademais, a Xunta Directiva tomou esta decisión logo de asegurarse de que tecnicamente é posible garantir fondos para 2014 durante o ano 2013, sen necesidade de emendar os orzamentos xerais deste ano por vía parlamentaria. É dicir, existen vías alternativas ligadas ao poder executivo do propio Conselleiro, para intentar acadar este obxectivo sen ter que presentar una emenda de mínimos. As vías alternativas atopadas para conseguir comprometer fondos de cooperación para 2014 foron e serán consultadas coa propia Subdirección Xeral. Convocouse unha reunión para aclarar certos aspectos técnicos en relación aos orzamentos.
RELACIÓNS CON INSTITUCIÓNS FINANCIADORAS
Deputación de A Coruña
Chamáronnos por si queremos mandarlles algún proxecto para que vaian sondeando a posibilidade de financialo. Unha opción é ir formulando o proxecto de EpD deste ano en plan: "Enxeñería Sen Fronteiras 2013: XX anos poñendo a tecnoloxía ao
servizo do desenvolvemento humano"
VISIÓN GLOBAL DA ASOCIACIÓN
Novas formas de financiamento
Existen outras
posibilidades para financiarnos pero sería necesaria unha organizacion previa antes de buscar activamente. Queda pendente unha reunión da comisión de financiamento para tratar estes temas.
Plan de formación
Compártese o plan de formación, elaborado pola comisión correspondente en base ás necesidades de formación de todos os grupos de traballo.
8-10 de Marzo: Xuntanza
8
de marzo, venres, pola tarde – Formación en ciclo de voluntariado (ferramentas para o seguimento de voluntariado nos
grupos – transversalidade do seguimento de voluntariado) e/ou motivación para o voluntariado e o activismo: por
que as persoas facemos o que facemos? - a incoherencia da sociedade.
9
de marzo, sábado, pola mañá – Asemblea XX Aniversario, daráselle
visibilidade ao traballo feito para mellorar a transparencia e bo
goberno da asociación; e pola tarde – Eventos XX Aniversario
Mediados de marzo: formación PCR
Semana
Santa/Abril: formación
en Comunicación para o cambio social e o uso dos espazos
colaborativos ou no seu defecto formación sobre creatividade
aplicada á sensibilización e comunicación para o cambio social.
Xuño:
formación en
orzamentos e xestión económica de proxectos
Novembro,
na Xuntanza: formación
sobre creatividade aplicada á sensibilización e comunicación para
o cambio social.
Uso da wiki
Unha idea para mellorar o seguimento/comunicación interna/formación etc. é facer itinerarios formativos na wiki. Hai moitos que están moi avanzados (Tesourería, Proxectos Internacionais...) pero outros están moi verdes (voluntariado, XD...) e desde logo esta actividade é transversal a todos os grupos! Así que animamos a todos os grupos e vocalías a incluir a mellora da wiki como parte da súa actividade!!! :) En concreto, como grupo de Xunta Directiva temos pendentes subir as actas de 2012.
TOMANDO DECISIÓNS
Políticas de indicadores
Na última reunión de fin de ano aprobáronse as seguintes:
Política
de colaboración con empresas
Política
de compras
Política
de inversións financeiras
Política
de selección de persoal contratado
A
redacción e aprobación destas políticas forman parte dos
esforzos da asociación por mellorar a transparencia e bo goberno.
Un informe interno con todo o traballo feito neste ámbito deberá
ser enviado á CGONGD a principios de xaneiro. Ademais, a
Federación deberá presentar na CONGDE un único informe
realizado por unha auditoría recompilando todo o traballo feito
ata agora polas diferentes ISF en temas de transparencia e bo
goberno. O ano 2013 o proceso deberá estar rematado e a
Federación deberá superar unha auditoría única.
As
políticas subiranse á wiki como documentación a ratificar na
próxima Asemblea. Cando estean ratificadas subiranse á web.
Poder de representatividade de ESF Galicia en Honduras
Aprobouse a favor de Cristina Sesto, a nosa nova persoa expatriada en Honduras. Benvida!
Reunión de fin de ano
Outros temas tratados nesta última reunión foron:
-
Seguimento da Planificación Estratéxica: débese sistematizar para
todas as reunións no 2013. Unha idea é traballar na elaboración
dunha “plantilla” que se cubra coa información que proporcionen
as vocalías/cargos estatutarios.
-
Organización do XX Aniversario: debe comezar a moverse a comisión
de festas para o establecemento de contactos con persoas socias,
antigas persoas voluntarias, etc. O contacto farase vía
email/teléfono. Tamén publicarase na web un tempo antes un
comunicado e previamente pode que se fagan entradas no blogue
anunciando “a que se avecina” pero sen descubrir todos os
detalles. A data é 9 de marzo en Santiago de Compostela.
Convocarase a Asemblea Xeral o sábado pola mañá e pola tarde
organizaranse eventos lúdico-festivos en torno ao XX Aniversario.
-
Renovación de cargos en Xunta Directiva de ESF Galicia: en marzo
renóvanse vocalía de PICD, vocalía de EpD e vocalía de
Voluntariado. O proceso transcorre con normalidade/éxito, a pesares
de que a vocalía de Voluntariado aínda busca unha persoa
candidata. Na reunión propóñense posibles estratexias.
- Federación: na próxima Asemblea Federal o 2 de marzo en Madrid
deberá renovarse Presidencia, Vicepresidencia e Secretaría. De todas formas, o importante non é que se sustitúan cargos, senón que se renova a Xunta Federal en bloque, aínda que haia persoas que sigan. A transmisión de cargos
é sempre un problema en xeral nas asociacións – é un proceso ao
que quizais debería prestárselle máis atención en Xunta Federal
– insistindo aínda máis no sondeo a persoas concretas. Á Xunta Federal cústalle moito máis que a unha ISF atopar relevo porque non hai unha asociación coa que traballe, senón que é a suma de todas. Por iso todas as ISF deben aportar o seu grao de area nestes procesmos. Pensamos
ademais que a Federación, inclusive a Xunta Federal necesita reinventarse
un pouco – a estrutura, a forma de traballar... a maioría dos
grupos federais deberían traballar máis en rede, quizais estender
a figura de voluntariado federal. O
debate debe penetrar máis aínda en ESF Galicia. Para isto é
importante ter a acta da última Asemblea de novembro canto antes
rematada. Enviarase o borrador existente á lista. Por outra banda,
coméntase que o obradoiro do domingo na última Xuntanza sobre o debate Federal non foi
tan produtivo como se quixera. Desaconséllase tratar temas tan
profundos os días despois de vertebracións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario