5 abr 2013

Crónica 1º Obradoiro Tecnoloxía Apropiada: Fornos Solares

Dentro do ciclo de obradoiros prácticos en tecnoloxías apropiadas que está a organizar a asociación Enxeñería sen Fronteiras, en Santiago de Compostela, o pasado 27 de febreiro celebrouse na ETSE o primeiro módulo sobre fornos solares no que se nos mostrou como realizar un forno solar mediante a reutilización de materiais caseiros. Nas seguintes imaxes comprobaremos que o obradoiro era de cociña solar... e non de fotografía ;)

Houbo un pouco de teoría, o grupo foi moi proactivo e plantexou cuestións interesantes
Había ganiñas de meter as mans na obra e non dubidamos en ocupar os corredores da Escola
Ás veces este tipo de obradoiros saca a parte infantil que tod@s temos dentro
Ilusión, maña e traballo en equipo; só así puidemos facer 3 fornos solares simultaneamente
Medir, dobrar, embalar, cortar, encolar, forrar... para algún día enfornar










Para illar termicamente as paredes do forno optamos por unha solución moi doada: enrugar follas de xornais vellos
Falta cubrir de aluminio a pestana abatible, decorar un pouquiño e este forno estará a pleno rendemento para o verán







 

Temos esta explicación paso a paso no blog do Proxecto Caracol: http://casadoscaracois.blogaliza.org/2013/04/facer-forno-solar/

E aquí algunhas receitas das nosas compas do País Vasco: http://cocinasolar.isf.es/recetas.php


1 comentario:

Sergio dijo...

Qué chulo!! Agora cara o verán hai que probalos. Valerán para churrasco??