CONTIDOS
- Blogue de Vida Asociativa
- Blogue Honduras
- Outros recursos 2.0 de ESF Galicia
- Outras canles ISFeras
- Enlaces de interese
- Publicacións en físico
- E no próximo mes ...
- A ESFrase do mes
BLOGUE
DE
VIDA ASOCIATIVA
No mes de maio podedes ver no blogue de vida asociativa varias
crónicas de actividades super-interesantes: a xornada
Claros e Escuros na Cooperación ao Desenvolvemento, os obradoiros
de Teatro da Oprimida e a formación sobre Coñecer,
motivar, escoitar e persuadir. Polo día das letras galegas,
un regaliño, a tradución
dun conto clásico de Tolstoi: "canta terra necesita un home"
(se queres, manda un debuxiño alusivo ao texto e o publicamos!).
Tamén se avisou da charla
sobre dereito humano á auga que ía ter lugar en Ferrol na
sede de Esquerda Unida, e tivemos tempo de colgar de parte do
grupo de Educación para o Desenvolvemento algunhas reflexións
sobre o informe
Diagnóstico de la Educación para el Desarrollo en España
que tiñamos pendentes. Volver
BLOGUE HONDURAS
En Honduras no mes maio tivemos bastante movemento do blogue. Puidemos coñecer como van os proxectos de auga de San José de las Conchas, así como o programa de soberanía alimentaria na microcunca da Quebrada (río) Gallardo apoiado pola Cooperación Galega, xunto coa súa compoñente de micro-regos apoiada pola Deputación de A Coruña. Moi interesante é poder coñecer o proxecto de investigación que se está a desenvolver coa Misión Biolóxica de Galicia-CSIC sobre mellora participativa de millo, así como ver algo do material das formacións en equidade de xénero nos programas de auga na municipalidade de Marcovia. Tamén é interesante coñecer as actividades da Coordinadora de ONGD Españolas en Honduras, que fan seguemento ás políticas internacionais españolas e ao desempeño de empresas españolas nese país.Volver
OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA
- Páxina
de
Facebook de ESF Galicia. Conectada directamente ao
twitter, para ampliar as canles de comunicación e información.
Búscaa!
- DESTACADO: Wiki de ESF Galicia. De novo operativa grazas ao apoio de GPUL. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
- Twitter ESF Galicia.
É un canal para que os que querades estedes puntualmente
informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios
e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento
que vaian surxindo. Seguídeo e participade!!
- Slideshare ESF
Galicia. Ven de cumprir un ano de vida,
ahí podedes ver algunhas presentacións e documentos sobre
temáticas de interese de ESF.
- Blogue de Enerxías,
a finais de 2010 organizouse en Vigo unhas xornadas sobre
Enerxía e Cooperación en Vigo, que xa se poden ver na
televisión da UVigo.
- Blogue de Proxectos de El Salvador como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2004 e 2008 colaborando con ESF Catalunya, que se pecha colgando o informe de avaliación dos proxectos executados.
- Blogue de Proxectos de Nicaragua como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2006 e 2010
- Blogue da Materia de Libre Elección da Universidade de A Coruña de Introducción á Cooperación para o Desenvolvemento.
- Grupo
de
Facebook de ESF Galicia, espazo para os esfeiros e que
compartan información, experiencias, etc.
- Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
- Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.
- Podomatic de ESF Galicia. Onde se van colgando diversas entrevistas ou participacións de ESF na radio e outro material sonoro xenerado.
- Delicious de ESF
Galicia. Xestor de enlaces web, de momento usado só para
recopilar as aparicións de ESF Galicia en medios de
comunicación dixitais.
OUTRAS
CANLES ISFERAS
Trátase doutras canles 2.0 do resto das asociacións de Ingeniería Sin Fronteras que, xunto con ESF Galicia, forman parte de Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras. Podes consultalas aquí
ENLACES DE INTERESE
Auga
- El problema no está en la escasez, sino en la gestión
- Captación y almacenamiento de agua de lluvia. Opciones técnicas para la agricultura familiar en América Latina y el Caribe. Guía FAO, 276 páxinas.
- Foro Europeo de Jóvenes para el Agua
- ¿Existe la buena gestión privada del agua?
Comunicación para o (como) desenvolvemento
Consumo responsable
Cooperación e ONGD
- Ha llegado el momento de la “Gran Transición” para las ONG
- Presupuestos autonómicos destinados a Cooperación al Desarrollo, papel mojado
Educación para o desenvolvemento
Iniciativas
Investigación para o desenvolvemento
- La paridad solar-red llega a 102 países (mapa)
- ‘Squeezed’: how are poor people adjusting to life in a time of food price volatility?
Mundo
- Honduras: Pronunciamiento ante la masacre de campesinas y campesinos en San Manuel
- Casos exitosos de migración del Software Libre en El Salvador
Políticas e modelos de desenvolvemento
- El factor C: Crisis y cooperativismo (I)
- ‘Economías del Procomún’. Un poco más sobre el enfoque económico y sociopolítico de la estación. - See more at: http://perulera.com/#sthash.sWOwikAi.dpuf
Sensibilización
- Redes locales de ayuda mútua
- Cantas mulleres cómpre violar para producirdes luz?
- La desobediencia civil no violenta es un arma al alcance de la gente común
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
- Ahorrar para crecer. Guía para los responsables de las políticas de intensificación sostenible de la producción agrícola en pequeña escala. Guía FAO. 116 páxinas
- Hacia un nuevo modelo agrícola
- El Libro abierto de la Vía Campesina: celebrando 20 años de luchas y esperanza
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Internet del procomún
- 10 claves estratégicas para introducir las TIC en las ONL
- Ranking de Universidades en Software Libre 2013
- Software Libre: ¿oportunidad desperdiciada?
- Ciudadanía digital y el derecho a la libertad tecnológica
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Soci@ltic. TIC para la transformación social y el voluntariado
- Construye tu propia impresora 3D
- Arcadi Oliveres: “Si nuestros estados tuviesen dos dedos de frente harían desaparecer los ejércitos”
- Hackea por tus derechos
Voluntariado
PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.
Este mes:
- Ao compás das mareas: vida do Bajo Lempa. Asamblea de Cooperación por la Paz, AGARESO e CORDES.
E
NO PRÓXIMO MES ...
- 5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente
- 8 de xuño: Día Mundial dos Océanos
- 9 de xuño: visita de primaveira dentro do proxecto ríos ao Río Tambre (perto de Santiago) da sede de ESF en Santiago
- 12 de xuño: Día Mundial contra o Traballo Infantil
- 20 de xuño: Día Mundial dos Refuxiados
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
Que importa saber o que é unha recta, se non se sabe o que é a rectitude?Séneca
No hay comentarios:
Publicar un comentario