@s divertidill@s comezaron a primaveira moi animad@s! Os seguintes temas foron tratados na lista de traballo...
AS PERSOAS E O GRUPO DIVERTIDILLO
Transparencia - as persoas da Xunta Directiva
Podes saber quen son, na web
onde aparece información máis "seria" ou no blog que é máis informal e se trata de transmitir
cercanía e que somos persoas, non obxectos laborais. Por iso a web está enlazada co blogue.
Reunión da Xunta Directiva de maio:
Fíxase para o 3 de maio en A Coruña, en conxunto cunha reunión da sede de A Coruña e posterior vertebración. Todas as sedes precisan de vez en cando un pouco de pegamento divertidill@! :) Estes foron os temas tratados:
- Seguemento de tarefas pendentes
- Consulta do tema de prácticas coa USC
- Seguemento presupuestario e control de gastos
- Estado da petición de entidade de utilidade pública
- Aprobación da tabla de dietas: un documento no que se detallan as cuantías de dietas tanto en Honduras
como en España, para telas actualizadas e saber cómo cubrir os protocolos de gastos
- Aprobación da autorización a Sergio González do grupo de Administración e Tesourería para que poida acceder ao programa e pagar as cuotas coas suas propias claves sen ter que ir á sede de A Coruña
- Aprobación da autorización a Sergio González do grupo de Administración e Tesourería para que poida acceder ao programa e pagar as cuotas coas suas propias claves sen ter que ir á sede de A Coruña
- Intercambio sobre as redes ás que ESF Galicia pertence: Federación, CGONGD, Coordinadora de ONGD de España
- Intercambio sobre as comisións de ESF: PCR, Financiación, Formación
- Intercambio sobre as vogalías e os grupos de traballo
- Rogos e preguntas
Planificación da reunión da Xunta Directiva de xuño
Xa temos varias cousiñas no tinteiro que deberiamos solventar antes de que rematase Xuño, propóñese ter unha reunión no mes de xuño, para tratar estes temas entre outros que se irán engadindo:
Planificación da reunión da Xunta Directiva de xuño
Xa temos varias cousiñas no tinteiro que deberiamos solventar antes de que rematase Xuño, propóñese ter unha reunión no mes de xuño, para tratar estes temas entre outros que se irán engadindo:
-Aprobación de presentación a convocatorias de subvencións varias
-Asistencia á Asamblea Federal do 29 de xuño en Málaga
-Temas federais pendentes
-Formacións do verán
-Actividades pendentes (a nosa táboa magnífica)
-Formacións do verán
-Actividades pendentes (a nosa táboa magnífica)
AXUDÁNDOLLE A DARLLE VIDILLA Á ASOCIACIÓN
Arranque do grupo de asesores sectoriais Auga
Co obxectivo de crear debate en distintos temas nos que traballamos e de manter a algunhas persoas exvoluntarias que polo que sea deixaron de estar no día a día da asociación pero teñen experiencia en certos temas, xorde a idea de ter distintos grupos de asesores sectoriales cunha persoa de enlace aos grupos ou á asociación que tamén sepa do tema e está máis no día a día da asociación e pode canalizar o resto de debates sobre os que se desexa coñecer a súas opinión ou incluso pedirlles propostas de tipo filosófico ou estratéxico. Estas ideas serían insumos para que se debatera nos grupos do día de ESF pero partindo de opinións e información algo máis traballada de expertos afíns a ESF nestes temas.
O primeiro grupo que empezou a funcionar de forma oficial é o de Auga. Quen teña interese en formar parte deste grupo ou en ser enlace doutro novo grupo que se manifeste. ¡É unha idea moi bonita para desenvolverse como persoa e crecer en pensamento crítico!
Proposta de prácticas en empresa dunha estudante da USC
Unha estudiante de Bioloxía do último curso que está interesada co tema da cooperación para o desenvolvemento ten que facer as prácticas en empresa e gustaríalle saber se temos convenio coa USC para poder solicitalas con ESF. Gustaríalle coñecer como traballamos e poder enfocar mellor o seu futuro laboral no ámbito da cooperación.
Organízase
unha reunión coa estudante para expoñerlle os nosos perfís de prácticas
e falar sobre o tema dos convenios, xa que hai un convenio marco coa
USC pero non un convenio específico para facer prácticas en empresa.
Finalmente non había un perfil non que encaixara e non saíu adiante a
idea das prácticas. Pode que a persoa se integre de momento como
voluntaria na sede de Compostela.
Participación e decisión nas Asembleas de ESF
Despois de moitas vertebracións falando sobre o tema, chegou o momento de poñerse a divagar en serio:
-que pensades sobre o procedemento de toma de decisións nas asambleas?
- o papel das persoas socias?
- e o papel das persoas voluntarias?
Esperamos as vos@s ideas!!
Participación e decisión nas Asembleas de ESF
Despois de moitas vertebracións falando sobre o tema, chegou o momento de poñerse a divagar en serio:
-que pensades sobre o procedemento de toma de decisións nas asambleas?
- o papel das persoas socias?
- e o papel das persoas voluntarias?
O debate non continuou online na lista pero deixouse unha experiencia dunha cooperativa de base en Venezuela (http://www.cecosesola.net/ index.php),
que evolucionaron co tempo e defenden agora unha filosofía de funcionamiento, unha forma de traballar e unha estrutura moi interesante e transformadora. Este é o seu libro "¿Hacia un cerebro colectivo?"
http://issuu.com/ cecosesolaorganismo/docs/_ ltima_version_collective_mind_ ?mode=window&backgroundColor=% 23222222
Formación sobre orzamentos e contabilidade en ESF
Pénsase que a principios de xullo pode ser unha boa data. Esta formación está dirixida a todos os grupos da asociación, xa que todas as persoas voluntarias participan na elaboración de orzamentos dos proxectos dos grupos de traballo ou teñen que pasar protocolos de gastos. É bo que se coñeza o funcionamento interno da administración tesoureira e a contabilidade de ESF para facer ben os orzamentos, facer un bo seguimento orzamentario e cubrir correctamente os protocolos. Ademais a formación é case obrigatoria para as vocalías e responsables económicos dos grupos.
TRABALLO EN REDE - GALICIA
O sábado, 4 de maio, celebrouse
a Asemblea Xeral Ordinaria da Coordinadora Galega de ONGD en
Santiago de Compostela, na Escola Galega de Administracións
Públicas.
Os temas da reunión foron:
Informe de xestión 2012.
Liquidación e conta do exercicio económico de 2012.
Previsión de actividades 2013.
Orzamento 2013.
Proposta de modificación do Fondo Social da Coordinadora.
Informe das Comisións da Coordinadora.
Análise da situación das cotas 2013.
Solicitudes de altas e baixas como membros da CGONGD.
ACTUALIDADE! - Manifestación contra a megaminería
O domingo 2 de xuño está convocada unha
gran manifestación,
unitaria e apartidista, ás 12:00 na Alameda de
Santiago de Compostela.
Galicia
non é unha mina. Defende a
terra. Defende a vida.
A manifestación foi convocada hai dúas semanas por Contraminacción, a rede que agrupa aos colectivos galegos afectados pola megaminaría, da que formamos parte a título individual varias persoas de ESF. E esta semana conseguiuse o apoio e difusión da manifestación por parte da organización desta campaña "Salvemos Galicia". ESF aínda pode sumarse á lista de apoios á manifestación, se así o considera. O procedimiento nestes casos é que a XD tería que votar de urxencia.
Unión da sede de Vigo á plataforma ECOAR
Á sede de Vigo plantexáronlle a posibilidade de unirse á plataforma ECOAR (ecoar.eu), movemento que pretende aunar ás diferentes asociaciós da zona de Vigo e arredores co fin de servir de espacio común e de coordinación de acciós, así de ofrecer plataformas de comunicación (a web, revista, etc.). Os obxetivos do movemento (http://ecoar.eu/quen-somos/), así como os puntos básicos (http://ecoar.eu/puntos-
Tras
unha valoración positiva por parte de diversas persoas voluntarias,
confirmouselles a nosa adhesión como ESF Galicia a través da sede de
Vigo en calidade de COLECTIVO COLABORADOR (non toma decisións + participa nas accións + infórmaselle das accións,...)
A toma de decisións implicaría reunións quincenais, ao cal non estamos dispost@s por
falta de capacidade. Con esta forma de adhesión teremos por tanto unha
plataforma onde difundir iniciativas e actividades, chegando a máis
xente de Vigo e comarca, coa posibilidade de crear sinerxias con outros
colectivos, utilizar a web,
revista e mesas informativas para informar, difundir, opinar, etc.
Expóñese a Amigos da Terra a posibilidade de presentar un
proxecto na convocatoria de EpD da Xunta que teña unha
compoñente forte de Investigación para o Desenvolvemento
afinando unha investigación piloto co LaboraTe
da USC sobre a utilización de fotografía de satélite para
monitorear o avance das camaroneiras industriais sobre o
bosque de manglar na zona do Golfo de Fonseca. A idea é
depurar máis os primeiros estudios, e ademais amplialos a
todo o Golfo de Fonseca. Tamén
está a proposta en Honduras dunha pilotaxe sobre
"restauración de bosque de manglar" (no que hai pendente
algunha reunión coa xente do laboratorio de estudos mariños) pero non
está claro aínda. Por outra banda, no mesmo proxecto, tamén
poderíase en
vincular unha campaña denunciando as malas prácticas de
camaroneiras e pesquerías industriais no que Amigos da Terra
teñen traballado aquí en
Galicia. Poderíase encaixar no concepto de "Xusticia
Económica", campañas sobre as que Amigos da Terra teñen experiencia.
Amigos
da Terra pensa que é un tema totalmente coincidente coas súas
actuacións e liñas de traballo e unha boa oportunidade para dar
continuidade aos proxectos en Honduras, neste ano onde non haberá
convocatoria específica da Xunta de Cooperación Exterior.
Aprobación dun convenio de colaboración coa Universidade de Vigo
Este
convenio fírmase para o recoñecemento de créditos ECTS dos cursos
organizados por ESF Galicia na Universidade de Vigo. O convenio apróbase por procedemento de urxencia da Xunta Directiva con 7 votos de 8 posibles, todos eles a favor.
Cursos Federais de Educación para o Desenvolvemento (EpD) online
Retomando
un tema pendente da anterior Asemblea Federal plantéxanse dúas opcións
na lista federal, que se reenvían a nosa lista de traballo:
* OPCIÓN A: realizar un ou dous cursos
intermedios (convocatoria abril - xuño) e despois realizar o
curso de extractivas e
terminar cunha última convocatoria de cursos federais ofertando 2 cursos (outubro a decembro)
* OPCIÓN B: continuar con 2 convocatorias de cursos EpD
Federais ao ano e sumarlle o curso de Extractivas. Neste caso, de outubro a decembro, ofertarianse 3 cursos.
Coa
opción A preténdese cubrir o salario mensual da técnica de EpD entre
ambas convocatorias, garantizando a continuidade ata setembro
(convocatoria Extractivas) e non sobrecargar de cursos a segunda
convocatoria. Coa opción A pódese apurar tamén na segunda convocatoria e
sacar tres cursos, en caso de que o número de matrículas fose baixo. En
cambio, coa Opción B, existe un déficit
para cubrir o salario da técnica entre maio e xuño e na convocatoria de
finais de ano non habería marxe de maniobra.
Finalmente óptase pola opción A e organízase o curso de Incidencia Política.
http://www.isf.es/formacion/
É
importante comezar a ter en conta novos posibles espazos, como empresas
de economía social
(tipo cooperativa), que teñen por ley a obriga de invertir parte das
súas ganancias en formación dos seus membros ou en promover actividades
que teñan que ver coa economía social ou solidaria.
Aprobación da proposta de Caja de Ingenieros
A Caja de Ingenieros adoita donar 15000 euros á Federación todos os anos, este ano só asociando eses 15000 euros a proxectos internacionais de cooperación ao desenvolvemento. Como a Federación non ten proxectos como tal falouse de facelo así:
A decisión foi aprobada de urxencia pola Xunta Directiva con 7 participantes de 8 posibles: 6 votos a favor e unha abstención.
Aprobación da proposta de Caja de Ingenieros
A Caja de Ingenieros adoita donar 15000 euros á Federación todos os anos, este ano só asociando eses 15000 euros a proxectos internacionais de cooperación ao desenvolvemento. Como a Federación non ten proxectos como tal falouse de facelo así:
- Unha ISF presenta un proxecto á Caja de Ingenieros que teña parte de cofinanciación con fondos propios.
- A Caja da diñeiro á ISF, figurando no proxecto como fondos propios.
- A ISF fai una donación á Federación por ese importe.
ESF Galicia podería aportar así uns 2000 euros.
Caja de Ingenieros 2014
Transmítese unha idea da Xunta Federal para ir traballando o tema de cara á proposta do ano que ven, para que non se alargue ata maio novamente. Os anos anteriores presentárase o proxecto "Cumple tu reto" como proxecto federal a financiar
por Caja de Ingenieros. Este ano, nas conversacións mantenidas, foi
evidente que á Caja non lle convencía este obxectivo de financiación e prefería financiar "proxectos finalistas en terreo".
Dado que a Federacion, como tal, non fai este tipo de proxectos, pódense facer propostas desde as ISF para presentar en febreiro á Caja. Por exemplo, se hai unha necesidade moi puntual dentro dun proxecto, cun coste que ronde os 15000€ podería presentarse á Caja como un
microproxecto federal dentro doutro.
En ESF Galicia tamén pódese pensar se temos algún proxecto para 2014 que queiramos cofinanciar.
Colaboración con EADIC
"EADIC Formacion y Consultoria" (www.eadic.com) é unha empresa on-line de formación técnica (Enxeñería e Arquitectura)
que colabora con varios colexios
profesionais e a Universidade de Alcalá. De momento o que queren facer é darnos publicidade entre os seus máis de 30 mil contactos e facilitar que o seu alumnado poida facer algunha mini-aportación ao matricularse, dirixida ás nosas campañas, proxectos e ao noso funcionamento. Co tempo quizais poida falarse de facer cousas conxuntas en formación pero isto son só ideas de momento...
A título personal lo único "raro" que veo en principio es el partnership con microsoft empresa condenada en la unión europea por prácticas monopolistas. Pero no lo veo motivo suficiente para echarse atrás.
Posicionamento federal sobre a II edición da campaña SOMOS ASÍ
A segunda edición da campaña SOMOS xa comezou. É unha campaña de
35 ONGD para poñer en valor a cooperación ao desenvolvemento e que está financiada por empresas de dudosa reputación.
En
ISF Aragón queren desmarcarse este ano por completo, por tanto, o comunicado que xa
colgaran o ano pasado foi renovado. Non queren darlle moito bombo porque este ano apenas sonou pero o colgarán na web, facebook, twitter:
En Galicia son malos tempos para tomar unha
decisión rápida. De todas formas o ano pasado houbo bastante debate e tíñamos claro que non nos gustaba a campaña. Este ano non houbo movemento, pero non habería nada en contra de que saíse adiante unha desmarcación a nivel federal.
Temos un minidebate en torno a unha frase do comunicado:
"¿Cuántas personas más deben morir para que sean totalmente responsables en su modelo de producción?"
Opinión 1:
Acusar de homicidio imprudente a la gente así sin más, no es algo que me haga mucha gracia.
No creo que esa frase esté acusando de homicio imprudente a nadie, simplemente dice una verdad como un mundo: que no se logran acuerdos hasta que no pasan catástrofes y muere gente como en Bangladesh, y no debería ser así. En realidad a nivel personal ya hace un tiempo que estoy criticando la campaña. En Madrid en el curso de guerrillas de comunicación también se habló del tema y en la coordinadora también, de hecho Solidaridad Internacional este año se salió de la campaña...
No hay comentarios:
Publicar un comentario