23 jun 2013

Un viaxe de ida e volta para coñecer a realidade - PCR 2013

O Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) implica a estancia de persoas voluntarias en países obxecto de Cooperación coa intención de seren formadas no contexto dun proxecto, activar o seu pensamento crítico e capacitarse con criterios de actuación, para converterse, así, en mellores activistas sociais. A comisión PCR está formada por distintas persoas voluntarias da organización co obxectivo de establecer e executar as fases do proceso que vai dende a convocatoria das prazas PCR ata a selección de persoas participantes, a súa formación e avaliación da estancia.

Gracias ao traballo da comisión, dos grupos de traballo e doutras persoas da asociación, en 2013 participarán 4 persoas no Programa de Coñecemento da Realidade: 
  • Grupo Agua: Sandra García, Daniel Vila
  • Grupo Agro: Adrián Castro, Yolanda
Queremos mandarlles desde aquí a nosa noraboa! Elas e eles recibiron xa unha formación xeral e están integrándose nos grupos e recibindo formación específica para posteriormente realizar a estancia de dous meses de duración en Honduras, cun compromiso de fortalecemento da asociación e difusión da súa experiencia á volta. Confiamos, por tanto, na súa motivación para:
 
Cooperar: son persoas comprometidas con principios como a concepción integral da cooperación, o protagonismo da poboación local, o enfoque de xénero ou os criterios relacionados coa sustentabilidade.
 
Aprender: levarán esa formación humana que nace en cada conversa, en cada ollada desprovista do filtro eurocéntrico, que nos axudan a identificar as cousas importantes da vida para todas as persoas en calquera parte do mundo.
 
Transmitir: retornarán e converteranse no suxeito activo, utilzando a experiencia adquirida para artellar máis cousas na procura da xustiza social.
 
NORABOA!!




Queremos visibilizar tamén aquí o traballo da comisión PCR:
  • Traballouse na nova convocatoria, con algúns cambios novedosos en canto a organización da formación e criterios de selección. A convocatoria sacouse cun mes de retraso respecto ao previsto (xaneiro) pero a tempo para enviar as solicitudes de financiación ás Universidades. A convocatoria estivo aberta ata o 10 de marzo de 2013.

  • Organizouse unha primeira formación obrigatoria para ter o primeiro contacto, o sábado 16 de marzo, coincidindo co curso de TcpDH en Lugo, á que invitouse a todas as persoas presentadas que cumprían cos requisitos básicos de documentación necesaria para a solicitude da praza e prazo de entrega. Ademais estaban invitad@s ao resto de sesións do curso. As ponencias obrigatorias foron:
10:00 a 11:15 Presentación e charla sobre o PCR. - Álvaro, ESF

11:30 a 14:00 Políticas e axentes de Cooperación Internacional. Participación social, sensibilización e incidencia. - Antonio, Cruz Roja

16:00 a 18:15 Ferramentas de Cooperación. Os proxectos - Anxo, ESF

18:30 a 20:30 A xestión do proxecto. Introducción ao Marco Lóxico - Anxo, ESF
  • Organizouse unha formación alternativa en Santiago de Compostela o martes 19 de marzo, para as 4 persoas que non puideron ir a Lugo. (Algunhas fotos acompañan esta entrada!) O programa foi o seguinte:
     
    15:30 a 17:00 Introducción a cooperación e ESF – Patricia Iglesias, ESF
    17:00 a 18:30 Experiencia PCR – Álvaro Trillo, ESF
    18:45 a 21:30 O proxecto como ferramenta de Cooperación – Alicia López, ESF

  • Organizáronse dous pequenos grupos de traballo na comisión (un para Auga e outro para Agro) para avaliar CV e cartas de motivación. Así seleccionáronse ás 5 persoas por cada grupo que foron entrevistadas. As entrevistas tiveron lugar na última semana de marzo. 
     
  • Ás persoas seleccionadas e suplentes propuxéronselles as dúas seguintes formacións, para completar a formación xeral: 
    • Xornada Claros e Escuros da Cooperación, en Santiago de Compostela, 6 de abril. 
    • Segunda formación xeral, 11 de maio en A Coruña. Segundo as enquisas, esta formación foi en xeral moi ben valorada por todas as persoas participantes: 
10h-10h30 – Presentación – dinámica Os Zapatos

10h30-12h - Enfoque de Xénero (Vanessa Míguez)

12h-12h30 - Descanso

12h30-14h - Interculturalidade (José Manuel Vázquez)

14h-16h - Comida

16h-17h30 - Comunicación para o cambio social (Alba Miranda)

17h30-17h45 - Descanso

17h45-18h45 - Seguridade e Saúde en Honduras (Daniel Iglesias)
  • Ademais, dúas persoas que non puideron asistir ao curso de Lugo pero si a formación alternativa do 19 de marzo en Santiago e finalmente foron seleccionadas, recibiron ademais unha formación adicional en Marco Lóxico coincidindo con actividades da asociación en A Coruña (José María Vara, ESF). 


     
  • No respecto á financiación, no grupo Auga ambas subvencións da UdC foron concedidas; no grupo Agro tratarase de financiar un con fondos propios e outro cun proxecto de EpD. 
  • Preparouse a documentación complementaria a entregar ás persoas seleccionadas.    

  • Fíxose unha análise da convocatoria de Servicio de Voluntariado Europeo e pénsase que pode ser axeitada para o programa PCR 2014. Habería que empezar por acreditarse como asociación enviadora de persoas voluntarias. Para isto, hai que escribir unha expresión de interese como mínimo 6 semanas antes da data de entrega da solicitude do proxecto. Habería que madurar o tema e en outubro comezar a traballar niso. 
Aínda que traballamos moito, quédannos aínda cousiñas pendentes!:
  • Posta en común da avaliación do PCR 2012 - as enquisas foron cubertas, hai que sacar as conclusións e leccións aprendidas.
  • Avaliación da comisión PCR 2013 - trátase de que as persoas da comisión reflexionemos sobre como funcionou o proceso, se houbo melloras ou non, que pode cambiarse de cara ao próximo ano.
  • Avaliación da formación xeral PCR 2013 – as enquisas correspondentes serán avaliadas polo grupo de voluntariado/comisión de formación e a comisión PCR. Quérese recoller tamén a opinión sobre as entrevistas para mellorar o proceso de selección de futuras comisiones. Na redacción das enquisas terase en conta que a xente seleccionada xa ten na avaliación do PCR preguntas para avaliar esta formación tanto xeral como especifica para non saturar ás persoas con tanta enquisa. Quérese facer un formulario web que permita tratar os datos de forma inmediata e é máis facil de cubrir para a xente.

Destacamos que algunhas das leccións aprendidas xa quedaron reflectidas na wiki O que salga das avaliacións contribuirá a seguir mellorando o proceso. Pensamos que con todo isto, estamos list@s como grupo de traballo a pasarlle o relevo en outubro as persoas que formen a comisión PCR 2014 e por suposto a desexarlles a Yolanda, Dani, Adri e Sandra un fructífero PCR!






No hay comentarios: