1 jul 2013

Crónica sobre I Xornadas sobre Voluntariado de Cooperación ao Desenvolvemento (I)



Enxeñería Sen Fronteiras Galicia co apoio da Coordinadora Galega de ONGD organizou as I Xornadas de Voluntariado de Cooperación para o desenvolvemento o pasado 24 de xaneiro en Santiago de Compostela. O obxectivo das mesmas era crear un espacio de reflexión en torno ao voluntariado de cooperación ao desenvolvemento no que compartir experiencias e visións xunto a persoas voluntarias de distintas organizacións, administracións e outras persoas que xestionen voluntariado. Para cumprir este obxectivo as xornadas dividíronse en duas partes diferenciadas:

1-. Mesa redonda onde se convidou as distintas administracións que traballan co voluntariado de cooperación (Subdirección Xeral de Cooperación Exterior, Fondo Galego de Cooperación e Subdireción Xeral de Voluntariado e Participación).
2.- Obradoiro para compartir experiencias entre as persoas asistentes.

Imos debullar o alí falado e reflexionado tanto na mesa redonda como no obradoiro, para o cal realizaranse varias entradas e facilitar a súa lectura.


1. Mesa redonda: A visión do voluntariado desde a Administración

As persoas participantes na mesa redonda eran:
Carolina Diz, técnica da Subdirección Xeral de Cooperación Exterior.
Daniel González Palau, Secretaría Técnica do Fondo Galego de Cooperación.
Moderadora: Patricia Iglesias, grupo de voluntariado de Enxeñería Sen Fronteiras.




Pretendíase, e así se cree que se conseguiu, crear un espazo de diálogo, de conversa, de comunicación bidireccional, entre a administración e as distintas organizacións alí presentes, que favorecera un coñecemento mutuo e de onde saia información que permitan a creación de sinerxias e unha mellora na forma de traballar. Para o cal a moderadora da mesa ía planteando unha serie de cuestións que as administracións contestarían abrindo despois unha quenda de diálogo cas persoas asistentes. Estas foron:

1. Dende as vosas respectivas administracións como se percibe ao voluntariado das ONGD de desenvolvemento?
- Carolina Diz (Subdirección Xeral de Cooperación)
Laiouse de que non soen tratar con persoas voluntarias se non que o fan cas persoas contratadas polo que non teñen un contacto directo co voluntariado.
Tras analizar os proxectos presentados a Subdirección en torno ao tema do voluntariado (convocatorias de fortalecemento e Educación para o Desenvolvemento), a nivel xeral bota en falta nas ONGD estratexia máis innovadoras, case todas fan o mesmo e do mesmo xeito. Por exemplo para ampliar o voluntariado raramente se sae das típicas charlas, exposicións, etc.

- Alberto Otero (Subdirector Xeral de Voluntariado e Participación)
Recalcou que dende a súa subdirección só traballan en Galicia e a súa relación cas ONGD é a través da subvención de Entidades de Acción Voluntaria (EAV) para cuestións de formación e busca de novas persoas voluntarias.
Destacou que das actuais 800 EAV (na súa maioría concellos, 200, entre outras como asociacións de veciños e culturais) só están rexistradas 30 ONGD.
Tamén se laiou que a única relación que existe é para pedir axudas xa que nos foros que organizan raramente se participa.
A visión que teñen dende a súa administración é temos moi pouca visibilidade salvo as conocidas grandes campañas de comunicación.
Destacou que teñen rexistrados unhas 40.000 persoas voluntarias das cales se incrementaron recentemente nunhas 1500 e xurdiron unhas 14 novas EAV. Todo isto a pesar do problema para acadar financiamento.

- Daniel González (Fondo Galego de Cooperación)
Impulsado nos anos 90 polo IGADI (Instituo Galego de Análise e Documentación Internacional) que se encarga da proxección de Galicia no contexto internacional a través da publicación de distintas análises e estudos, pretende ser o eixo vertebrado das políticas e fondos de cooperación e solidariedade por parte das administracións locais galegas (concellos e deputacións). Consideran o voluntariado como un concepto amplo e elástico que pasou por distintas fases dende unha visión mais internacionalista ata a actual, moito mais ampla e con distintas compoñentes (asistencial, social, etc).

A partir de aquí comeza o diálogo entre a mesa e as persoas asistentes.

Dende a súa experiencia, estanse dando conta de que o voluntariado de cooperación está indo cara o social, xa que o primeiro está a disminuir e o outro incrementase (tal e como constata a experiencia da Subdirección de Voluntariado e Participación).
Comenta que a nivel cooperación internacional dende a USC teñen os programas de coñecemento da realidade e o voluntariado de NNUU. Sen embargo con estes últimos teñen experiencias moi desagradables e van abandoar este programa.
A súa precepción é que aumenta a solidariedade.

- Carmen Novas e Lorena Seijo de Agareso (Asociación de Reporteiros Solidarios Galegos)
Dende esta asociación notan un incremento do número de persoas voluntarias o que fai que teñan que recorrer a xestión por persoas contratadas.
Recoñecen que eles traballan dun xeito moi distinto a outras ONGD, xa que o fan de forma asociada ou en rede con outras ONGD fundamentalmente difundindo proxectos de cooperación e asesorando en temas de comunicación.
Un dos graves problemas actuais que ven é a falta de financiamento.

- Carolina Diz (S. X. de Cooperación)
Segundo constatan os proxectos presentados a esta subdirección as ONGD cústalles atraer persoas voluntarias, xa que os indicadores de aumento de persoas voluntarias non se cumpren. Polo que requírense cambios de estratexias.
Atendendo aos datos dos que dispoñen, mais de 1200 persoas voluntarias recibiron algún tipo de plan de formación.

- Gemma Filgueira (Médicos do Mundo e presidenta da Coordinadora Galega de ONGD)
Na súa ONGD teñen as dúas vertentes, actividade en acción social e cooperación internacional, e pola súa experiencia con respecto a esta última existe un problema de proximidade. No contexto actual de crise, os problemas dos países do Sur vense moi lonxanos, o cal se ve favorecido polo discurso político imperante para xustificar os recortes en cooperación internacional.

Existe un problema de confusión do voluntariado que se pode realizar nas ONGD, xa que o voluntariado internacional é moi distinto do que se fai en Galicia, e este último está moi invisibilizado.

- Francisco Duran (USC)
Dende a universidade de Santiago se está tirando cara o voluntariado medioambiental e asistencial dado que é o que se está demandando. Cree que é necesario diferenciar cooperación de cooperación ao desenvolvemento.
Dentro da universidade constata un aumento dos proxectos de investigación moitos dos cales teñen como protagonista a muller.

Continuará...

Nas seguintes entradas comentaranse as seguintes cuestións plantexadas na mesa redonda:
- Puntos fortes e débiles a destacar do conxunto das organizacións.
- Propostas de mellora dende a administracións
- Ferramentas das que dispón a administración para fortalecer as organizacións e ao seu voluntariado.
Así como algunhas das conclusión dos obradoiros de intercambio de experiencias entre as ONGD presentes nas xornadas.

No hay comentarios: