Igual ca o ano pasado, estamos tres para a preparción da ponencia, só que en lugar de Sheila, con cuia inestimable colaboración contamos o ano pasado, será sustituída por Yolanda. De momento, estamos nos preparativos desta charla, que terá lugar o sábado pola tarde na facultade de Matemáticas e que contará con aproximadamente 75 asistentes. Nembargantes, xa podemos adiantar algunhas das novidades deste ano:
Outra visión dos territorios en África |
- Para introducir ao efecto de quén conta unha historia na versión que da mesma dáse, imos mostrar aos asistentes o mapa de África segundo os reinos dos diferentes pobos indíxenas de alí, e non segundo a divisón establecida nas colonizacións.
- Imos usar como exemplos de experiencias do noso traballo campañas e proxectos do máis actualizados, deste mesmo ano. Por exemplo, a experiencia de Yolanda en América Latina como PCR.
- Ademais, como fruto das aportación desta mesma rapaza, imos facer referencias na crítica a educaicón á película The Wall, proxecto de Pink Floyd que contén unha penetrante crítica á educación. Se fará referencia asimesmo a unha conferencia TED de Ken Robinson, tamén sobre a educación e que podedes atopar neste enlace.
- Novas dinámicas, novas estratexias para espertar a crítica no estudantado... A charla deste ano estará chea de sorpresas que non vos podedes perder!! (e que serán explicadas nun futuro post contando como resultou a experiencia)
1 comentario:
Que boa pinta ten a charla! Noraboa!
Publicar un comentario