CONTIDOS
- Blogue de Vida Asociativa
- Blogue Honduras
- Enlaces de interese
- Publicacións en físico
- E no próximo mes ...
- A ESFrase do mes
BLOGUE
DE VIDA ASOCIATIVA
Estes meses veraniegos viñeron tranquilos, sobre todo o
mes de agosto. En xullo puidemos visitar a misión
biolóxica de Galicia, así como ver a crónica das I
Xornadas de Voluntariado en Cooperación ao Desenvolvemento.
Tivemos tempo para saber máis sobre a presión
cidadá contra a privatización da auga, cun artigo e a visita
de Harmhel Dalla Torre, da Asociación La Cuculmeca, antiga
socia de ESF en Nicaragua, que nos falou tamén da minaría no seu
país e os canais interoceánicos (próximamente, a crónica destas
charlas).BLOGUE HONDURAS
O mes de xullo comeza coa visita
de
compañeir@s de ESF à Misión Biolóxica do CSIC
en Pontevedra. Entre a plantilla de investigadores atópase
Ely,
técnico de CODDEFFAGOLF (socio de ESF en Honduras), realizando
un
estudo de mellora do grano. Os asistentes poideron ademáis de
coñecer o traballo que se leva a cabo, dar unha volta polas
instalacións, o laboratorio de ADN, as fincas de cultivos...
aprender algúns conceptos de xenética, placas e variedades de
millo.
Voltando ao outro lado do Atlántico,
Cris resúmenos os puntos clave da xira
da
Alcaldía de Marcovia e Xunta de Auga de San José de las
Conchas
ata El Salvador, o país veciño, onde se están a instalar
contadores para medición de caudal. Trátase dunha forma de
intercambiar experiencias de éxito doutras comunidades para
poder
replicalas onde aínda non se usan esas tecnoloxías. O mes remata
co informe
de
seguemento do proxecto de San José de las Conchas e as
primeiras
actividades
dos PCRs do grupo Agro no Golfo de Fonseca.
Agosto veu cargadiño de
entradas grazas a Yolanda, Adrián e Daniel, tres participantes
do Programa
de
Coñecemento da Realidade (PCR) 2013, que cos seus
espíritos
inquedos móstranos as súas visións persoais do día a día
hondureño. Non deixedes de desfrutar lendo as súas crónicas
acerca
dos temas seguintes:
-
As súas primeiras impresións desde que chegaron a Honduras acerca dos socios locais, a calor, os medios de transporte, a paisaxe, os zancudos... Así como un fermoso relato sobre a estancia en comunidades rurais.
-
A socialización do anteproxecto da Ley de Pesca e Acuicultura en Honduras e outras actividades desde recollida de información acerca de artes de pesca artesanáis, asistencia a capacitacións de reducción de riscos, pasando por obradoiros de múxica en escolas, de ganado bovino, etc. (Por Adrián e Yolanda, PCRs do grupo Agro).
-
A capacitación gv SIG Fonsagua en Marcovia realizada en colaboración coa Universidade Nacional Autónoma de Honduras (UNAH) e o Cartolab da Universidad de Coruña. Tamén a visita a unha das comunidades onde se leva a cabo un proxecto de auga: San José de las Conchas, para facer seguemento e acompañar na toma de mostras para análises de auga (Por Dani, do grupo Auga).
ENLACES DE INTERESE
Auga
Comunicación para o (como) desenvolvemento
- Blog Action Day 2013. Este ano sobre Dereitos Humanos. Participa!
Consumo responsable
Cooperación e ONGD
- ONGD y leyendas urbanas
- Máis de 41.000 persoas colaboran nas ONGD galegas
- De cooperación al desarrollo, Fórmula 1 y Gran Hermano
- 5
argumentos para no hacer nada
Educación para o desenvolvemento
- Actas da"I Jornadas sobre Universidad y Educación para el desarrollo"
- MOOC: qué son y qué cursos te pueden interesar
Iniciativas
- ¿Qué sale de cruzar una empresa y una ONG? Vídeo. 15min 45seg
Mundo
Políticas e modelos de desenvolvemento
- DESTACADO. El decrecimiento en un minuto. Vídeo. http://vimeo.com/73602678
- Los nuevos objetivos de desarrollo global
- Una vida digna para todos: informe de Ban Ki-Moon
Sensibilización
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
- Revista nº 14 de Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas: Agua y soberanía alimentaria
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.
Este mes:
- Informe ejecutivo sobre el derecho humano de acceso al agua potable y saneamiento en Nicaragua. Coalición de Organizaciones poe el Derecho al Agua
- Manual “El Agua como un Derecho Humano”. La Cuculmeca.
- Midiendo los cambios de comportamiento en Agua y Saneamiento. La Cuculmeca.
- A xestión de residuos orgánicos municipais: o compost.
- Informe da Cooperación Galega 2012
E
NO PRÓXIMO MES ...
- 8 de setembro: Día do Cooperante
- 8 de setembro: Día Internacional da Alfabetización
- 15 de setembro: Día Internacional da Democracia (pero da de verdade)
- 20 de setembro: data límite para matricularse nos cursos online de ISF de proxectos, incidencia política, enerxía e auga
- 21 de setembro (terceiro sábado de setembro): Día da Liberdade de Software
- 21 de setembro: Día Internacional da Paz
- 22 de setembro: Día global antifracking
- 22 de setembro: Día Mundial sen Automóviles
- 28 de setembro: Día Mundial do Acceso á Información Pública
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
Las escuelas deberían enseñar software libreRichard Stallman
No hay comentarios:
Publicar un comentario