Sobre a minaría falou como colofón a presentación do libro "Versus cianuro" na Gentalha do Pichel en Compostela, do que se levou un exemplar firmado polo editor e algún dos autores...
A verdade é que o paralelismo era sorprendente (mesmo as empresas máis activas no tema en Nicaragua son tamén canadianas), e ademais puidemos coñecer exemplos de concesións en diferentes estadíos do proceso (en Galicia están empezando), con efectos ambientais moi nocivos en varios dos casos. Xa sabemos que, desgraciadamente, nin a lexislación nin, sobre todo, a fortaleza institucional é a mesma para facela cumprir, pero últimamente non estamos tendo moi boas experiencias por aquí a nivel institucións públicas, non é estrano que como mínimo estas cousas xeren desconfianza... (sobre todo se nin os mesmos expertos se poñen dacordo).
Aquí queda a súa presentación do xoves 11 de xullo en Compostela!
Minaria nicaragua from Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
Ese mesmo día tivemos tempo a falar tamén doutras "megaconstrucións" das que venden como "motores de desenvolvemento" pero que ao final soen ser motores de desenvolvemento duns poucos a costa de enormes impactos sociais e ambientais (en España sabemos moito disto), neste caso os canais interoceánicos que están moi de moda en centroamérica. O de Panamá é o que está activo actualmente (e en plena ampliación), pero China está moi interesada en invertir nun canal de uso propio (o de Panamá quédaselle pequeno...), e hai candidaturas de tódolos países de Centroamérica, aquí podedes ver máis detalles:

Xa o sábado 13, no CIAC Compostela (un sitio ben chulo para facer estas formacións!), lembramos a admirable loita da sociedade civil nicaragüense pola non privatización da auga (cunha redacción alternativa completa artículo por artículo da proposta de lei de augas con comentarios sobre o porqué de cada cambio, ademais da tradución da mesma as linguas indíxenas como o miskito), que nos serviu para recargar as pilas. Houbo tempo tamén para comentar ferramentas como o canon ambiental que se contempla na nova lei de augas galega, ou a importancia do enfoque de cunca hidrográfica. Aquí está a presentación!
No hay comentarios:
Publicar un comentario