10 ene 2014

Resumo blogueiro mensual: decembro 2013


CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    No mes de decembro celebramos o Dia Internacional do Voluntariado, no que mostramos o noso agradecemento a todas as persoas que a través do seu tempo e do seu traballo fan posible Enxeñería Sen Fronteiras e aproveitamos para achegar o posicionamento sobre voluntariado que se aprobou este 2013, bótalle unha ollada! Ademais anunciáronse as novas actividades que o 2014 trae para a sede de Vigo, onde novas caras, PCR retornados, algunha migración, e unha carga de motivación e vertebración foron os ingredientes dunha chea de ideas que esperamos fáganse realidade no novo ano! Por último, podedes ler un completo resumo do máis destacado da reunión de todas as ISF en Madrid - a Cósmica 2013! A verdade é que despois de lelo dan ganas de ter ido. De feito, para a ponte de decembro de 2014 seguramente a Cósmica será en Galicia, non a perdas!




BLOGUE HONDURAS

    O mes de decembro en Honduras foi de traballo forte para o peche dos dous proxectos en marcha financiados por Cooperación Galega (de fortalecemento en dereito a auga e saneamento na comunidade de San José Las Conchas-Marcovia e de fortalecemento en soberanía alimentaria na microcunca Quebrada Gallardo-FASE 2), así como con merecidas vacacións das entidades coas que traballamos . O blogue non rexistrou actividade, xa sen os nosos PCR no terreo, pero pronto se retomará. Así, pronto teremos máis crónicas do peche e a avaliación final dos proxectos e do financiado polo Concello de A Coruña.




ENLACES DE INTERESE


Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable

  • Vampire energy. Aparatos que consomen enerxía aínda estando apagados.

Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento


Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 


Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado




PUBLICACIÓNS EN FÍSICO



Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:
  • Depuración de las aguas residuales por tecnologías de bajo costo. Mariano Seoánez Calvo.



E NO PRÓXIMO MES ...



Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.
 



A ESF-RASE DO MES

A educación non cambia o mundo, cambia ás persoas que van cambiar o mundo.
Paulo Freire

No hay comentarios: