4 feb 2014

Resumo blogueiro: xaneiro 2014

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    No blogue comezamos o ano máis que ben recordando o divertida que foi a última Xuntanza ESFeira en Lugo. Unha crónica que transmite todo o "buen rollo" que hai en ESF e que, sen dúbida, se vive en plenitude nestes encontros dúas veces ao ano. E é que se pode ser consciente de que as cousas non van de todo ben neste mundo, pero sen optimismo e bo humor, moito non se pode conseguir! Lede a crónica, paga a pena. Tamén é moi recomendable a reflexión sobre as Tecnoloxías Apropiadas, que son unha ferramenta importante que ESF promove específicamente no seu traballo polo desenvolvemento humano e un mundo xusto e solidario, e outra reflexión sobre como esas tecnoloxías apropiadas deben ser superadas por un enfoque máis integral, que é o de tecnoloxía para o desenvolvemento humano (o sinal de identidade de ESF). Para empezar o ano con filosofía!!!




BLOGUE HONDURAS


    O mes de xaneiro en Honduras continuou a ser de traballo forte para o peche dos dous proxectos en marcha financiados por Cooperación Galega da Xunta de Galicia (de fortalecemento en dereito a auga e saneamento na comunidade de San José Las Conchas-Marcovia e de fortalecemento en soberanía alimentaria na microcunca Quebrada Gallardo-FASE 2), así como con merecidas vacacións das entidades coas que traballamos. O blogue non rexistrou actividade, xa sen os nosos PCR no terreo, pero pronto se retomará. Así, pronto teremos máis crónicas do peche e a avaliación final destes proxectos e do financiado polo Concello de A Coruña.





ENLACES DE INTERESE


Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable


Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento


Iniciativas



Investigación para o desenvolvemento 



Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano



Voluntariado e Persoas




PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:
  • La doctrina del shock, de Naomi Klein
  • Patas arriba. La escuela del mundo al revés, de Eduardo Galeano


E NO PRÓXIMO MES ...




Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.




A ESF-RASE DO MES

A tecnoloxía non é algo inevitable, senón algo deseñado, que se pode criticar, cambiar, socavar, transformar e, de vez en cando, ignorar para subvertir as súas tendencias limitadoras e totalitarias, xa estean provocadas polos Estados ou polos mercados.
Geert Lovink

No hay comentarios: