10 feb 2014

V Obradoiro: Políticas enerxéticas actuais, solucions enerxéticas racionais




Enxeñería Sen Fronteiras (ESF), en colaboración  con Cooperación Galega da Xunta de Galicia, continúa co ciclo de obradoiros prácticos en tecnoloxías apropiadas en Compostela. O quinto, Políticas enerxéticas actuais, solucions enerxéticas racionais, realizarase o vindeiro mércores 26, as 20:00 horas na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela.

Estas actividades abertas a calquera persoa interesada, tanto dentro como fora do ámbito universitario, consistirán, nunha primieira parte máis teórica onde se fará unha breve introducción sobre as enerxías renovabeis e as distintas tipoloxías básicas. Tamén se analizará o marco normativo actual, as actuais controversias e as alternativas de instalación illadas ou illas enerxéticas. A continuación, nunha segunda parte máis práctica, analizaranse facturas que aporten as persoas asistentes, ademais de explicar opcións de reducción de consumos. Xa por ultimo, plantearase unha instalación aillada para unha vivenda vendo a súa viabilidade económica e estimación de aforro enerxético. O relatorio será a cargo de Samuel Prieto, enxeñeiro de Montes e Master en Enerxías Renovables e sostenibilidade enerxéticada da USC.
  
  • Breve introducción sobre as enerxías renovabeis. Tipoloxías básicas.
  • Marco normativo actual das enerxías renovábeis e tendencias. 
  • Que é o Balance neto? Controversias
  • Alternativas de instalación illadas ou illas enerxéticas
  • A factura da luz. Análise e reducción de consumos
  • Plantexamento alternativa dunha instalación aillada para unha vivenda.

O obradoiro é de balde e a entrada é libre pero será necesario realizar a preinscrición no correo electrónico compostela@galicia.isf.es 


Vente e trae a túa factura da luz!!
 



No hay comentarios: