6 mar 2014

Charla de Electrónica Ética na Casa Colorida

 As cousas que ocurren gracias a Blablacar non deixan de ser sorprendentes. O outro día viña de Madrid con Blablacar e a conductora resultou ter un centro en Nigrán no que trataba de impulsar actividades alternativas de diversa índole. E lle dixen:
-Vos interesaría ter unha charla sobre Electrónica Ética?
-Vale.

E así é como acordamos que este sábado 8 de marzo, con motivo do encontro Grito Rock na Casa Colorida de Nigrán (R/ Rosalía de Castro nº 16; xusto enfrente da parada do autobús), Enxeñería Sen Fronteiras Galicia dará unha charla-debate
sobre Electrónica Ética. A charla fará un breve repaso dos principais problemas que xurden ao longo do ciclo de vida dos aparatos electrónicos, dende a explotación infantil ata a contaminación, pasando pola obsolescencia programada.

O Grito Rock é un evento que trata de aglutinar todo tipo de actividades de carácter alternativo, como o son a economía alternativa (uso de moeda social), arquitectura ecolóxica ou a agricultura orgánica, e Enxeñería Sen Fronteiras tratará de aportar o seu grao de area a este encontro. Non volo perdades!


No hay comentarios: