| Samuel Prieto é Enxeñeiro de montes e Graduado en enerxías renovabeis e sostibilidade enerxética pola USC |
O noso experto, Samuel, fixo unha breve introdución sobre enerxías renovabeis, resumiu o actual marco normativo e entre outras cousas definiu o significado do balance neto.
O encontro derivou nun vivo debate, entre as oito persoas asistentes, acerca do modelo enerxético actual que está a provocar tanta controversia na sociedade: os prezos, a pobreza enerxética, o freo no desenvolvemento das renovabeis, a influencia das grandes eléctricas na política, etc.
Samuel explicou como, debido ao cada vez maior custo da conexión á rede, resulta aconsellable explorarmos formas de autosuficiencia enerxética total mediante instalacións illadas para vivenda (por exemplo caldeiras de pellet de madeira ou aeroxeradores de minieólica).
| Aeroxerador minieólico. Imaxe cedida polo Clúster Galego do Autoconsumo Enerxético (AGAEN) |
Finalmente, resolvéronse dúbidas arredor da factura da luz -pois a xente levou as súas propias facturas da casa- e comentáronse solucións prácticas para o aforro (por exemplo a posibilidade de contratar unha menor potencia instalada acorde ao consumo ou a de participar de iniciativas alternativas ao modelo enerxético actual como a galega Nosa Enerxía).
E xa estamos a traballar na organización dun sexto obradoiro en Tecnoloxías Apropiadas :-) Proximamente informaremos de temática, data e lugar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario