5 mar 2014

Resumo blogueiro: febreiro 2014

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    O mes de febreiro tivo moita actividade no blogue. Animámoste a ler as crónicas das últimas actividades ESFeiras: Xornadas de Soberanía Alimentaria en Lugo, Biciobradoiro en Compostela que foi anunciado a comezos de mes e vertebración na sede de Vigo coa Xunta Directiva. Atoparás tamén anuncios das actividades que se ían realizar: Obradoiro de políticas enerxéticas actuais e solucións enerxéticas racionais, Obradoiro de Electrónica Ética, da que xa podes escoitar unha entrevista na radio, e Obradoiro de novas masculinidades. A este último aínda estás a tempo de asistir, é o 8 de marzo en A Coruña! No ámbito da incidencia política, podes ler o resumo dunha reunión da comisión de incidencia da Coordinadora Galega de ONGD coa Xunta de Galicia na que se presentaron propostas para o plan de inclusión dixital. Continuamos cunha mala noticia para a Cooperación Internacional: unha reforma da lei de concesión dos créditos FAD, pola que parece que estes voltan a favorecer máis a empresas españolas que aos países empobrecidos, receptores destes créditos "para o desenvolvemento". De seguido e para estar ao loro da loita polo acceso e control dos servizos básicos, bótalle un ollo a un comunicado dos movementos que promoven a primeira Iniciativa Ciudadana Europea: “O Auga é un dereito humano”, que está sendo debatida no parlamento Europeo: que pasa se este dereito é privatizado?. E para rematar, a nosa socia nicaragüense La Cuculmeca atinou cun perfecto "punto e seguido" moi poético para este axitado mes: Imos quedar en silencio?


Volver


BLOGUE HONDURAS

    Durante estes meses, o grupo auga estivo pensando as liñas dun novo programa de cara a futuras formulacións na zona sur de Honduras así como posibles novas entidades coas que cooperar, dando máis peso ao enfoque de dereitos. Outra entrada que poidemos ler no mes de febreiro trata o tema das cidades modelo (ou ZEDE) en Honduras e o posicionamiento dunha dos nosos socios hondureños, CODDEFFAGOLF, ao respecto. Tamén encontraredes unha reflexión da serie "pilulas de realismos social" da última participante no PCR do ano 2013, sobre maras, barras, fútbol e frescos.


Volver


ENLACES DE INTERESE


Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable

Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento


Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 


Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento



Sensibilización



Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)



Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado e Persoas



Volver

PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:
  • Periódicos Diagonal de xaneiro, primeira e segunda quincena (estarán disponibles no local ao mes seguinte de que se publiquen, até o mes de xuño)
  • La revolución solidaria. Más allá del desarrollo sostenible. Carlos de Castro. IEPALA

Volver

E NO PRÓXIMO MES ...



Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.

Volver


A ESF-RASE DO MES

    A educación para a liberdade debe comezar expoñendo feitos e anunciando valores e debe continuar creando axeitadas técnicas para a realización dos valores e para combater a quen decide ignorar os feitos e negar os valores por calquera razón.
Aldous Huxley

Volver

No hay comentarios: