O pasado 1 de abril, empezamos na sede de Lugo coa compaña do Día mundial da loita labrega. A través de relatorios e difundindo a importancia das reivindicacións desta data, quérese achegar ó alumnado e a sociedade en xeral esta realidade e problemática que nos involucra a todos e todas.
Desde
1996 en memoria da masacre de 19 labregos sen terra de Brasil que
foron brutalmente asasinados pola policía militar e por intereses do
agronegocio, a Vía
Campesina
declarou
o 17 de abril como día mundial das loitas labregas, organizando
accións que visibilizan as distintas loitas que se dan nos
territorios.
Nesta ocasión, volvimos a contar coa participación de Lidia Senra (Sindicato Labrego Galego), que a través da súa gran experiencia persoal e dos seus coñecementos, nos amosou con moita claridade e realismo a traxectoria e a importancia dos movementos agrarios e as súas reivincidacións. Tamén houbo lugar para o debate e a posta en común de alternativas para, entre todos e todas intentar cambiar a realidade e acadar unha maior xustiza social.
Desde ESF, volver a agradecerlle unha vez máis a Lidia Senra e á xente que se achegou ata a Escola Politécnica a súa participación.
"A
terra non nos pertence, nós pertencemos á terra"
No hay comentarios:
Publicar un comentario