2 jun. 2014

Tertulia con Sandra García García - CUAC FM

Aquí podedes escoitar o audio da tertulia na que participou Sandra García García, voluntaria da ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia na Sede da Coruña; emitida no programa "Sin Etiquetas" de Cuac Fm (Emisora Comunitaria da Coruña) o 2 de xuño de 2014.
Durante a tertulia, con representantes doutras organizacións fálase das ONGD en xeral e Sandra presenta en particular a asociación facendo un repaso dos Proxectos de Cooperación que ESF Galicia está a desenvolver na actualidade e das actividades de sensibilización que se están a realizar.

No hay comentarios: