11 jun 2014

Manifesto Nostián Solución

Estes días en ESF estivemos a debater sobre a posibilidade de adherirse a un manifesto da plataforma Nostián Solución que se presentou hoxe no Concello da Coruña, sobre a xestión de resíduos da planta de Nostián, como xeito de denunciar e propoñer melloras ao que é un xeito de xestionar os resíduos alternativo ao maioritario en Galicia, que levanta bastantes críticas (SOGAMA).

Lembrar que ESF xa se adherira ao manifesto da Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe, tal e como figura na páxina 13 da Memoria de actividades 2011-2012, despois dun debate interno plasmado neste blogue, no contexto da polémica planta de incineración proxectada en O Irixo e que se conseguiu parar.

A xente do grupo de Campañas Auga analizou o manifesto dun xeito moi sistemático e didáctico, para darnos a súa opinión sobre se apoialo ou non. Velaquí esta análise:

--------------------------------------------------------
  • Despois de ler o debate interno parece que o principal punto en contra para non adherirse o manifesto era
"El peligro de suscribirse a estas plataformas sin conocer bien lo que hay detrás es que muchas veces son un caso de NIMBY http://es.wikipedia.org/wiki/NIMBY ".

Neste caso é evidente que non hai NIMBY, estase a pedir unha mellora da xestión da planta de Nostián, entendéndose que de forma constructiva.

  •  Defínense as causas do mal funcionamento:

"...polo abandono das actuacións de promoción da recollida separada en orixe e pola falta de transparencia das empresas e administracións implicadas..."

Non sabemos moi ben se houbo un abandono das actuacións da promoción da reciclaxe, en calquer caso, ainda non habendo abandono, nunca debería ser suficiente esa promoción. O da falta de transparencia é eterno, non nos costa creelo.

  • Sinálanse culpables:

"...a cidadanía temos unha responsabilidade clara na xestión do lixo e nos resultados acadados. A participación na separación dos residuos nas casas estímase entre un 20-30% da cidadanía (segundo ámbitos) que fai unha separación completa, e un 60% que separa so algún material, como pode ser o vidro. Calquera modelo de reciclaxe precisa aumentar fortemente a participación cidadá na recollida separada, se se queren acadar bos resultados, tanto nas cantidades recuperadas como na súa calidade..."


"...
Porén, a responsabilidade non fica na cidadanía a nivel individual. A falta de transparencia dificúltanos saber con seguridade as obrigas e o grado de responsabilidade de cada un dos axentes que interveñen na xestión do lixo, pero sabemos que no seu conxunto teñen a maior responsabilidade neste fracaso. Estes axentes, até onde sabemos son:
          -A administración pública responsábel da xestión: o concello de A Coruña e o Consorcio das Mariñas, xunto cos restantes concellos da área metropolitana.
          -A empresa de recollida do lixo: CESPA
          -A empresa que xestiona a planta de Nostián: Albada


Non estaríamos de acordo con isto: "Porén, a responsabilidade non fica na cidadanía a nivel individual". Si que creemos que hai unha responsabilidade individual (comenzando por nós mesmos), non toda por suposto, e quizais sexa mínima, pero existir, existe. De acordo en que a falta de transparencia impide xuzgar ese nivel de responsabilidade.
  • As consecuencias:

"...nunha lousa para a nosa autoestima...
...nos percibimos como incapaces de acadar unha solución avanzada, mesmo racional ao problema dos residuos que xeramos..."

"...Somos responsábeis dun forte impacto ambiental..."

"...Estamos a perder numerosos empregos, xa que a reciclaxe e compostaxe da maior parte dos residuos precisas desenvolver unha importante industria que xeraría máis duns 500 empregos directos..."

Estamos completamente de acordo cos dous primeiros puntos. O terceiro non fomos capaces de contrastalo, non sabemos se é certo, a verdade.

Aproveitamos neste punto para poñer un enlace sobre compostaxe. Esas guias da web de SOGAMA, opinións aparte, parecéronnos interesantes. Sinalar algo que nos chamou a atención, as plantas de valoración enerxética: Incineradoras?.


  • Actuacións propostas:

"...Tras 14 anos de continuidade nesta situación, parece claro que a situación non vai mellorar se a cidadanía non toma unha posición máis activa, exixente e comprometida nesta materia..."


"...posición de colaboración coas administracións no funcionamento dunha solución que seguen sendo válida (a recollida separada, a reciclaxe e a compostaxe) e de responsabilidade na parte que nos toca, como é a separación dos residuos nas nosas casas..."

Propostas:

"...Transparencia en todos os procesos de xestión dos residuos..."


"...Abrir canles de diálogo entre os colectivos e entidades sociais e as administracións responsábeis da xestión dos residuos..."


"...Retomar e centrar os esforzos na educación ambiental..."

"...melloras no modelo de recollida separada en orixe..."

"...Fomentar a compostaxe doméstica en ámbitos de asentamentos dispersos..."

Estamos totalmente de acordo con estes puntos, parécennos constructivos.

"...Adoptar os cambios necesarios en Nostián para a elaboración de compost coa fracción orgánica recollida separadamente na orixe (contedor verde)..."

Non temos coñecementos para xuzgar este punto, nin sabemos que cambios serían posibles e convenientes.


Dado que isto pretende dar continuidade a aquel manifesto, ó que ESF xa se adherira, e despois do análisis feito, ainda cos matices comentados, creemos que ESF o debe asinar.


Quedan aquí tamén duas novas que sairon estes días. Seica fai pouco houbo informes que falan de resultados nefastos. Comentar unha frase:

"...En los informes se señala como una de las causas del mal funcionamiento de la planta de reciclaje la falta de hábitos previos entre los ciudadanos para separar los residuos en origen, así como la dudosa eficacia de las líneas de separación diseñadas en el proyecto..."

Estas son dúas das liñas do manifesto. Dado que os informes, seica son internos, é de entender que non se autoinculpen nin as empresas nin o propio Concello.

1 comentario:

Roberto Roget Antelo dijo...

Parabéns polo debate e pola adhesión.