4 jun 2014

Resumo blogueiro: maio 2014

Este mes de maio temos de novo unha mala noticia para a Cooperación Galega. A Xunta de Galicia ven de incumprir o solo de gasto que ela misma instaurou no III Plan Director da Cooperación Galega 2014-2017, cun recurte nas subvencións de cooperación ao desenvolvemento que lle quita aínda máis protagonismo ás entidades da sociedade civil nunha política pública en proceso de desmantelamento. O III Plan Director e o Plan Anual da Cooperación Galega foran aprobados so unhas semanas antes (xa coa oposición do propio sector das ONGD, que consideraban claramente insuficiente dito solo de gasto para unha política pública de cooperación ao desenvolvemento digna). Isto amosa a nula importancia que este goberno lle está a dar a unha das políticas públicas que debería ser executora da solidariedade que a cidadanía galega si defende malia a crise que se vive. A maiores, a pesares de convocar as axudas a proxectos internacionais de cooperación (no ano 2013 non sacaran porque tiveron que gastar os cartos orzamentados para 2013 en pagar as obrigas do proxectos de 2012), esa convocatoria só cubre aos proxectos que se executen durante 2014 (ou sexa, proxectos que se deberán executar en menos de 6 meses, xa que polo menos até agosto non se saberá se se conta con fondos ou non). A imprevisibilidade e pouca seriedade deste tipo de actitudes xenera incertidume nun sector no que se traballa con procesos de desenvolvemento, facendo moi complicado a consecución de resultados sustentables nos países onde traballamos (no caso de ESF Galicia, só Honduras, imposible con este panorama prantexarse ningún a maiores...).

     A nivel estatal a cousa non vai mellor, con novas amenazas para a política pública de cooperación, a través de alomenos dúas modificacións de leis: as da nova Ley General de Subvenciones e a da Ley de Bases de Régimen Local. A primeira amenaza con tratar a todas as ONG co mesmo raseiro que ás entidades lucrativas (obrigándoas a cofinanciar con fondos propios un 25% das subvencións concedidas). A segunda, complica ás Administracións Locais que o desexen o continuar apoiando a cooperación internacional a través de subvencións, por poderse poñer en cuestión que a cooperación sexa da súa competencia.

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Outros recursos 2.0 de ESF Galicia
  • Outras canles ISFeras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    Neste mes podes ler as respostas de Richard Stallman, pai do software libre, sobre a neutralidade tecnolóxica. Se unha tecnoloxía pode cambiarse ou copiarse, entón debe proporcionar este dereito e libertade, isto ocurre non soamente no software, senón tamén na agricultura. A continuación, atopas un resumo da última reunión da sede de Vigo e podes ler na acta que actividades teñen planificadas para os próximos meses.



BLOGUE HONDURAS


    No mes de maio aparecen dúas entradas no bloque de ESF en Honduras. A primeira recolle as reflexións acerca do novo programa en Honduras presentado para finaciamento da UE. Na segunda podes ler unha crónica do Foro de Segurdidade Alimentaria no Golfo de Fonseca onde se trataron temas como o melloramento xenético das semillas creoulas e as causas sociopolíticas da inseguridade alimentaria.


ENLACES DE INTERESE


Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable


Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento


Iniciativas



Investigación para o desenvolvemento 

  • My Analitics (prioridades mundiais de desenvolvemento para a poboación, tamén desglosable por países, sexo, franxas de edade e nivel de estudos)


Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización



Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado e Persoas



PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Este mes, se che gosta a banda deseñada, temos algunhas por aquí que che poden interesar:
  • El otro mundo. Volumen 1. Miguel Brieva.
  • Enciclopedia Universal Clismón. Bienvenido al Mundo.
  • Dinero. Revista de Poética Financiera e Intercambio Espiritual. 5 números. Miguel Brieva.
    Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.


E NO PRÓXIMO MES ...


    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.
 



A ESF-RASE DO MES

    El reto no es obtener cuanta más energía mejor y de dónde sea, sino centrarse en la satisfacción racional de las necesidades de todas las personas y, para ello, planificar un abastecimiento energético compatible con el funcionamiento de los sistemas naturales
Informe Cambio Global España 2020/50. Energía, Economía y Sociedad (p.21)

2 comentarios:

Carolina dijo...

Muchas gracias por haber recomendado un artículo de mi blog :). Gran trabajo el que estáis haciendo!!!
Saludos

Sergio dijo...

Gracias a tí por explicar el problema!!