30 sept 2014

Reflexións sobre antropoloxía e viaxes de aprendizaxe intercultural



Aquí recollemos algunhas ideas e reflexións que xurdiron na sesión da tarde da formación do pasado día 9 sobre Viaxes de Aprendizaxe Multicultural, onde José Manuel "Coco" (o noso antropólogo de cabeceira) falounos sobre interculturalidade, investigación antropolóxica, e deunos unhas breves nocións sobre enquisas etnográficas.


------------------------------------------------------------ 
  • A antropoloxía como o “comadreo” feito ciencia
  • Necesitamos códigos de conducta para comunicarnos e entendernos. Pero cada cultura estima que o seu é o auténticamente humano e verdadeiro (os outros son menos respetables canto máis lonxanos son). Por exemplo chistes típicos de “un francés, un inglés e un español”.
  • As vellas galegas de non hai tanto tempo parecía que levaban o velo como moitas musulmanas, co pano e sempre de negro..
  • “Para raros, todxs”
  • É importante captar o antes posible a posición que se outorga na comunidad (cooperante que trae cartos, persoa que ven axudar, extranxeiro de quen desconfiar...). Os xestos de acercamento son ben vistos, pero tampouco hai que pasarse da raia (p.e. Os cooperantes con traxe saharaui que nin a propia xente de alí usa). De tódolos xeitos, se nos equivocamos, pero é con boa vontada, non soe haber problema. Tratar de usar palabras da súa linguaxe é un moi bo xesto de acercamento.
  • Tamén é importante o sentido común e o respecto, tratar ao resto como quixeras ser tratado.
  • Hai actividades ou rasgos que poden facilitar o acercamento, como tocar algún instrumento, xogar ben a algún deporte que alí tamén se xogue ou similar, contar contos, xogar algún xogo que tamén se xogue alí, cociñar, ter un espíritu lúdico...
  • É posible que nalgún momento se esté de baixón por botar de menos cousas do teu entorno, familia, a cultura propia, e por ter demasiadas cousas novas que asimilar. É importante deixar tempo de intimidade, con elementos da cultura propia (música, libro, algún alimento que se garde “como ouro en pano”, etc.).
  • Nun elemento cultural pódense reflexar outros, por exemplo en como está amoblada unha facultade se poden atisbar elementos culturais de tipo de educación.
  • É un papel do mundo académico buscar tres pés ao que non o ten, se non que sería do mundo académico?
  • A investigación é o arte de relacionar variables. Pódese investigar coleccionando datos ao azar e despois analizar as súas relacións. Método máis racional é elaborar hipóteses de traballo previas, que son ferramentas de usar e tirar, e contrastalas cos datos, se concordan, ben, se non hai que empregar outras hipóteses alternativas até atopar a maior concordancia posible.
    En plan lúdico se pode dicir co gran filósofo: se non coinciden as hipóteses cos datos cambia as hipóteses ou os datos, ou ambos.
    Un exemplo, a cebola, o tema é moi amplo polo que hai que descompoñelo nas súas varias compoñentes: ecolóxicas, técnicas, económicas, sociais, ideolóxicas, relixiosas, etc. Supoñamos que escollemos dentro da economía da cebola o campo da comercialización. Neste caso habería que enfocar a cuestión con preguntas o máis pertinentes posibles, a idoneidade ou pertinencia delas é básica para a investigación, relativas ao espazo, ao tempo, ás relacións sociais, ao modo de mantelas, etc. A partir de aquí aplicar todas as interrogativas: onde, cando, quen, con quen, para quen, como, por que ? Exemplo sobre a venda da cebola: quen a vende (edade, sexo, estatus, profesión), cando a vende (época do ano, datas, de día ou de noite, etc), a quen (sexo,edade, etc), onde a vende, cara onde vai destiñada, cantidade vendida, prezo, beneficio obtido, etc. por que, para que, lista de usos, etc...? 
  • As enquisas son ferramentas de apoio claves para estas investigacións.Trátase dun instrumento útil que serve para iniciar a investigación e segue crecendo paralelamente a ela, realmente non ten fin, os límites prácticos veñen dados polo interese do tema e o tempo dispoñible. Nalgúns casos si se dispón de pouco tempo pódese levar un cuestionario moi detallado que permita facer preguntas que se podan responder con só un número moi limitado de respostas como : si/non, moito/pouco, etc.
  • A enquisa deberíase levar, idealmente, na cabeza, e ir recompilando respostas en medio dunha charla o máis natural posible. 
  • Ante vídeos ou grabadoras moitas persoas perden naturalidade. Hai que pedir permiso e decir onde se vai sair e para que é.

Se queredes saber máis, nos vos perdades a próxima edición!!!


No hay comentarios: