22 sept 2014

Comenza a aventura PCR 2014

Hoxe chegaron a Honduras as primeiras participantes no programa PCR 2014, nas vindeiras semanas estarán alí as catro seleccionadas do programa. De momento, recén aterradas temos a:

- Sara González, coordinadora da sede de Lugo e agora PCR  Auga. Aproveitamos para darlle os parabéns porque esta semana converteuse en Enxeñeira por partida dobre,  Montes e Agrónomos.


- Raquel Zolle,  PCR polo grupo Agro, aínda que levaba uns anos máis desvinculada de ESF é unha histórica da asociación, entre outras moitas cousas, foi  presidenta fai uns aniños.

Esperemos que en breve nos empecen a contar as súas aventuras e aprendizaxes por terras hondureñas. A desfrutar da experiencia!

1 comentario:

Isabel Somoza dijo...

Disfrutade da estancia!!