28 oct. 2014

Motivación e necesidade do próximo debate sobre a base social de Enxeñería sen Fronteiras Galicia



Hola!
Dende o grupo de xestión de persoas socias queremos lazar un debate sobre a base social. Si xa sabemos que e un debate vello pero, nunca se abordou de xeito formal. Por isto na lista xeral, proximamente propoñerase este debate entorno as preguntas que se desprenden do seguinte argumentario, que xustifica a motivación e necesidade do mesmo. Na asemblea xeral do próximo día 9 de novembro, continuaremos coas achegas que se fagan por correo e esperamos sacar ao menos as primeiras conclusión que nos dean as directrices básicas do futuro traballo coas persoas socias.

Antecedentes e motivación do debate sobre a base social de Enxeñería sen Fronteiras Galicia.

Actualmente as obrigas das persoas socias segundo os nosos Estatutos son:
  1. Someter os Estatutos e os acordos que no ámbito das súas respectivas competencias tomen os órganos reitores da asociación
  2. Satisfacer as cotas que se establezan
  3. Secundar el cumprimento dos fines da asociación e respectar a libre manifestación de pareceres
Este artigo, está practicamente copiado da lei estatal que regula as asociacións sen ánimo de lucro. Non existe tampouco un regulamento interno que o desenvolva, nin foi obxecto de revisión ou debate formal en ESF.
Precisamente a obriga número 1, invita á asociación a realizar una regulación da base social de ESF. Este punto, esta pensado para que cada asociación poida dar un valor diferencial a súa base social e establecer as esixencias de compromiso que estime adecuadas, para que garden as persoas socias, segundo carácter particular de cada asociación.
Sobre o punto 3, cabe recordar que os fins de ESF tamén aparecen nos Estatutos e son, como é normal, unha xeneralidade. Polo tanto este punto non deixa de ser unha obviedade que simplemente require un aliñamento básico e xeral da persoa para formar parte da asociación.
O punto 2 chama a atención porque é totalmente innecesario, pois podería englobarse no punto 1. Polo tanto, a súa existencia é simbólica e tamén práctica. Simbólica porque redunda en que a persoa socia ten que gardar un especial cumprimento por un dos acordos en particular, entre todos os que pode tomar os órganos reitores da asociación: o pago dunha cota. E práctica porque a falta dunha regulación da base social noutros aspectos, que desenvolva as xeneralidades establecidas nos estatutos, o acceso a formar parte da mesma limítase, ao menos, a este requisito de pago de cota, que é o único explicitamente citado.
Con esta estrutura construíuse en ESF unha base social caracterizada polo feito de que as únicas cousas que comparten os seus membros son o pago dunha cota e un obxectivo común xenérico e pouco matizado. Para dar seguimento a estes dous compromisos, o único indicador é o propio pago da cota, xa que logo, asúmese que a persoa que continuan apoiando economicamente a ESF o fai por que secunda os seus fins.

Cabe destacar que nos Estatutos tamén defínense os dereitos das persoas socias:
  1. Asistir ás Asembleas Xerais con voz e voto, desenvolvendo en as mesmas as actividade que lles corresponda, segundo os estatutos.
  2. Participar nas distintas comisións e nas actividades da Asociación.
  3. Ser elector e elixible para ocupar cargos directivos fóra do dito no artigo 32.
  4. Expresar libremente as súas opinións en relación cos asuntos que se discutan, así como formular propostas e peticións.
  5. Estar informado das actividades da Asociación, sempre que así o solicite á Xunta Directiva.
  6. Ser escoitado con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias con el e a ser informado dos feitos que dean lugar a tales medidas, debendo ser motivado o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.
  7. A impugnar os acordos dos órganos da Asociación que estime contrarios á lei ou aos Estatutos.
Respecto a todas estas directrices, tanto respecto a dereitos como a obrigas, a Asemblea Xeral só pronunciouse ata agora, no referente a contía da cota. Polo que xurde a primeira cuestión a debate:
Consideramos que pagar unha cota e ter un aliñamento xeral cos obxectivos de asociación, son requisitos suficientes para facultar a unha persoa na toma de decisións sobre o futuro da asociación, ou máis aínda, ser propietaria desta?

Por outro lado, xa dende un punto de vista mais práctico, debemos decatarnos de que a a xeneralidade con que os Estatutos resolven o acceso e caracterización dos membros da asociación, fai que na actualidade ESF teña unha base social caracterizada unicamente pola vinculación económica dos seus membros coa asociación, como se expuxo anteriormente.
A maior parte das persoas socias, non practican os seus dereitos: a asistencia a asemblea, participación na asociación, información, etc... Das 200 persoas membros, tan só un 20%, no mellor dos casos, asiste á Asemblea Xeral con certa regularidade, porcentaxe que se corresponde aproximadamente co número de persoas socias que participan de outro modo na asociación, e son contados os casos nos que unha persoa socia require información sobre algún aspecto o actividade da asociación.
Hai que ter en conta que a asociación é fundamentalmente os seus asociados e asociadas, polo que a actual base social proxecta unha visión moi negativa da propia asociación. Baseándonos nas persoas que a forman, a nosa asociación está maioritariamente desinteresada polo seu propio devir, ou polo cumprimento dos seus obxectivos. É preciso entender que cada unha das persoas socias son en si unha parte da asociación e debe proxectar a esta o seu carácter diferencial. Unha persoa asociada nunca pode sentirse como se ESF non fora en parte propiedade súa, ou como se a súa xestión non fora tamén responsabilidade súa.
Ademais, estritamente falando, a escasa participación da base socia pode xera unha sensación de ilexitimidade pois de cotío o 20% da asociación  toma decisións que afectan á toda a asociación e particularmente a súa base social.
Pero en xeral os que leen este documento seguramente non teñan a percepción nin de que exista ilexitimidade nin que non exista interese na asociación, e isto débese a que as persoas máis vinculadas a ESF aceptamos oficiosamente que os realmente asociados son o 20% que participa e non o 80% que non o fai. O que da pé a formular unha segunda pregunta:
Queremos unha asociación formada por 200 persoas das que o 80% non participen dos seus dereitos como socio ou socia, ou unha formada por 40 persoas na que participe o 100%?

Qué diferenza existe agora, en ESF, entre os benefactores e os socios e socias que só paga a súa cota?


A planificación de ESF ten marcados como obxectivos respecto á base social:
  1. Conseguir unha maior implicación das persoas socias.
  2. Conseguir a través da base social unha maior independencia económica
Para levar a cabo o obxectivo número 2 hai, sóamente, dúas opcións: aumentar a contía das cotas ou aumentar o número de cotas. En calquera caso este obxectivo pode entrar en conflito co primeiro, pois o simple pago dunha cota é un requisito máis laxo que o pago de cota e maior implicación na asociación. É dicir, podo buscar cotas e que algunha persoas das que paga se implique, ou podo buscar persoas que se implique e que podan chegar a pagar unha cota. O segundo proceso é máis longo, e non tan inmediato como comprometer simplemente o pago dunha cota. Pero aínda que se faga deste xeito seguirá existindo a posibilidade de que existan persoas na base social que só queiran participar en ESF co pago dunha cota.
Así que, en caso de conflito, que obxectivo se prioriza con respecto á base social? o dito doutra maneira, aceptamos a posibilidade de que unha acción aumente a base social con persoas que só paguen unha cotas?



Isto é todo, que para un primeiro debate xa é bastante.

Esperamos a participación de todos nos debates da lista xeral e vémonos na Xuntanza para sacar algunha conclusión!.



Un abrazo




No hay comentarios: