Esta Xuntanza terá lugar nun albergue para peregrinos en Tomiño, na fin de semana do 7, 8 e 9 de novembro. O prezo será libre, e o custe das comidas dependerá da afluencia de xente. O programa de actividades será o seguinte:
- Venres tarde: Recollendo cogumelos con Miño.
- Sábado primeira parte da mañá: Conquista o teu público nun abrir e pechar de ollos con Miguel e Andrea.
- Sábado segunda parte da mañá: Introducción ao funcionamento da Federación ISF, tomo I.
- Sábado tarde: Asamblea Xeral de Persoas Socias
- Domingo de mañá: Almorzo con Saúl: 30 días en Honduras.
Lembramos que a Asamblea é a reunión na que se toman e votan decisión relativas á asociación é ás súas liñas de acción. Esperámosvos unha vez máis neste emocionante encontro!!!
2 comentarios:
Días 7, 8 e 9 de novembro de 2014. OK.
Correxido, grazas Roberto!
Publicar un comentario