4 nov 2014

Introdución da educación para o desenvolvemento nas aulas da Universidade de Santiago: formación para docentes

Este foi o segundo dos cursos organizados pola Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento, froito do Convenio de Colaboración que asinaron o 16 de xuño as tres Universidades, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia. 

Tivo lugar en Santiago de Compostela, os as tardes dos días 15 e 16 de outubro, con 10 persoas asistentes, que exercen a súa laboura docente en diversas facultades (Veterinaria ou a EPS de Lugo, Filoloxía, Medicina, Pedagoxía, Economía, etc.). 

O primeiro curso desta serie xa tivo lugar na Universidade da Coruña, do que xa deixamos a crónica. Queda outro na Universidade de Vigo que será en decembro, e esperamos que se sigan repetindo e afondando no tema nos próximos anos!

Comezamos tratando de definir entre todas as persoas asistentes o concepto de Educación para o Desenvolvemento, simplemente segundo o que nos suscita o concepto. Saíron as seguintes ideas:
  • Deseño para todxs/social/para o outro 90%, 
  • Xustiza, 
  • Valores, 
  • Igualdade, 
  • Ética, 
  • Planificación, 
  • Formación/capital humano, 
  • Capacidades, 
  • Atención á diversidade, 
  • Sustentabilidade, 
  • Atreverse a pensar, 
  • Pensar nos demais



Traballamos a continuación cunha serie de dinámicas para promover a participación, reflexionando sobre se a Universidade debe ser axente de cambio e como está cumprindo o seu papel social.

Saíron elementos como o curtoplacismo e como a crise serviu de escusa para promover este enfoque curtoplacista tamén na universidade, en vez do contrario. Tamén, e como consecuencia do anterior, a non promoción da investigación de base, que queda abandonada a súa sorte, orientándose a universidade máis cara a “formación de profesionais” que demandan os mercados (educación mercantilista ou de “cadea de produción”?).

Noutra orde de pensamentos, xurdeu a non visibilización de inquietudes do profesorado vinculadas a educación para o desenvolvemento, porque non sinten que a institución promova ou espere que as introduzan nas aulas (“despolitización” e un carácter pretendidamente neutral, que naturalmente non o é). Esas manifestacións ou interese do profesorado quedan entón “na intimidade”.

Creen que a motivación ao alunado para mobilizarse debe vir dende atrás, faltan fundamentos.

Se reflexiona sobre que parece que falar nas aulas de valores ou empregar outras ferramentas pedagóxicas se ve como menos “serio”, como que na EpD ou na educación transformadora parece que “vale todo”, e polo tanto non se lle da tanto valor como ao máis “científico” (unha “maría”).

Se ve Boloña como un gran problema por quererse cambiar o sistema “a custe xa non cero, senón -20, co cal é peor o remedio que a enfermidade. E é unha pena, porque hai oportunidades como a promoción e posibilidade de usar novas ferramentas pedagóxicas de xeito un pouco máis “obrigatorio” para as docentes, e non sempre as leccións maxistrais (que de todas formas tamén terían a súa importancia nunha educación transformadora). De todos os xeitos si había un consenso en que outras prácticas pedagóxicas son necesarias se se quere unha educación transformadora. Tamén o había en que a universidade está cada vez máis lonxe do seu papel social de axente de cambio ou de formar persoas que saiban pensar criticamente.


Presentación de exemplos de prácticas de EpD na universidade existentes en Galicia

Na tarde do día 16 se presentaron brevemente algúns exemplos de prácticas pedagóxicas ou iniciativas dende a universidade onde se introducen elementos de educación para o desenvolvemento:
  1.  Materias específicas sobre cooperación e educación para o desenvolvemento
  1. Colaboración con ONGD para organización de cursos con recoñecemento académico sobre esta temática
  1. Colaboración con ONGD para que “veñan a aula” (lectorado)
  1. Xeneración de materiais que permitan transversalizar elementos da EpD na práctica docente habitual, estando a promoverse tamén o APRENDIZAXE-SERVIZO
  1. Alianzas con ONGD para proxectos de investigación para o desenvolvemento (exemplos: ESF-LaboraTe, etc).
  1. Acceso a subvencións específicas para universidades para proxectos internacionais de cooperación ao desenvolvemento ou para accións da EpD ou IpD, en Galicia este ano por primeira vez por parte de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
  1. Estancias de investigación para docentes ou estudantado no marco de programas internacionais de cooperación que poden estar vencellados a proxectos de investigacións ou proxectos de fin de carreira.
  1. Dirección de tesinas ou proxectos fin de carreira con contidos de EpD ou cooperación para o desenvolvemento.
  1. Rede galega de educación para o desenvolvemento na docencia universitaria.
  1. Prácticas para alumnado, convalidación de créditos ETC por horas de voluntariado ou formación externa (pode ser en ONG con convenio coa universidade).
  1. Novas ferramentas didácticas distintas ás tradicionais, que xa se están a utilizar aínda que non moi xeneralizadamente (xogo de rol, exposicións, relatorios...)
  1. Facilitar loxística para eventos relacionados (ciclos de cine, exposicións, relatorios...)
  1. Cursos de formación de formadores.
  1. Diagnose sobre a educación para o desenvolvemento na universidade pública galega: proceso interesantísimo ao falar co profesorado, e coñecer outras ideas. No estudio presentouse ao profesorado se consideraban que a universidade debe estar comprometida.

ALGUNHAS IDEAS QUE FORON SAÍNDO SOBRE ESTAS PRÁCTICAS
  • Unha profesora fala de que introduciu certos aspectos en “cuantitativa” (unha materia de económicas). Fala de que traballaron sobre analise dos obxectivos do milenio e traballaron con Intermón OXFAM, pero o fixeron con plan anterior a Bolonia, co que era máis fácil traballar.
  • A implicación dos docentes é esencial, exemplo relación ESF-Camiños
  • Ofrecimiento por parte de ESF de colaboración para definir contidos nas materias (e seguro que hai outras ONGD dispostas, a través da Coordinadora Galega de ONGD pódense contactar).
  • Un dos asistentes ve moi factible o de que “as ONGD veñan a aula” e moi difícil conseguir una materia específica. Todos concordan en que sobran optativas e teñen problemas por iso como para presentar outra asignatura máis.
  • Tamén ven factible o da transversabilidade (a 4ª das actividades expostas). ESF pon como exemplo de transversabilidade de que nos exercizos, proxectos, casos prácticos … se poidan usar datos e contextos reais, de forma que tamén os resultados poidan ser de interese para as ONGD. Esto é aplicable non so a temas técnicos senon doutros ámbitos: lexislación, …
  • ESF apunta que é esencial sentarse a falar para poder definir ben actuacións conxuntas que sexan válidas académicamente e valiosas tamén para as ONGD. A veces as ONGD contan con moita información pero non saben cales poden ser os requisitos académicos.
  • Sobre investigación, fálase de que aquí ábrense moitas posibilidades para a Universidade. Existen investigación conxuntas de traballo man a man entre universidades e ONGD… exemplo manglares. Recalca que se os estudos son avalados por universidades, son máis “valiosos” e “respectados” tanto aquí como no país/es cos que se traballa. Fálase tamén da colaboración entre ESF e a Misión Biolóxica.
  • Sobre a investigación trátatase o tema da posibilidade de financiación, en concreto en Galicia existe una línea directa de subvencións á que poden optar as universidades (NOTA: acaba de sair a resolución 2014).
  • Os proxectos de cooperación son outra vía de traballo das universidades, sobre todo en aspectos de fortalecemento de organizacións, universidades, creación de redes .... Fálase tamén da posibilidade de financiamento a través das liñas de axudas da Xunta.
  • Estancias: posibilidade de estancias de docentes, alumnos, PCRs ...
  • Dirección de tesinas, proxectos fin de grao, ... ESF recalca que aínda que pode haber certos recelos por parte dos tribunais, son actividades moi enriquecedoras para o alumno e teñen conta contextos e situacións reais que en moitas ocasións ese tipo de proxectos non teñen en conta. A experiencia foi moi boa tanto na escola de Camiños da UDC como na EPS de Lugo da USC.
  • Practicas: normalmente precisan de tutor tanto da ONGD como da universidade.
  • Metodoloxías pedagóxicas “non tradicionais” (por non chamarlles novas porque non son novas). Ponse en dúbida que exista formación suficiente a profesorado para mellorar a metodoloxía pedagóxica a utilizar co alumnado, ou polo menos diversificala. Falan as persoas asistentes que antes si había algo (non moito) pero duns anos para aca, pensan que polos recortes, céntrase moito a formación na plataforma dixital. Metodoloxías procedentes da “educación popular” suscitan moito interese (hai descoñecemento entre a maior parte das persoas asistentes).

Barreiras e oportunidades de implementación no traballo diario das persoas asistentes ao curso destes exemplos que xa es están a implementar

So se traballaron en profundidade algunhas das presentadas no punto anterior:


  1. Colaboración con ONGD para que “veñan a aula” (lectorado):

Barreiras
  • Dificultade de adaptar os contidos para que veña alguén a participar e ao revés atopar a alguén que encaixa na tematica e nas esixencias académicas.
  • Discusión: Fálase de que se reducen estas barreiras se á hora de definir os contidos se conta coas ONGDs e/ou expertos, pois sempre poden orientar a temática cara aspectos nos que se está traballando e sexa cando se dea a clase máis fácil atopar o perfil.
  • Coñecer as ONGDs que existen e o que poden aportar
  • Crítica de compañeiros profesores ao pensar que é unha maneira de de non dar a clase.

Discusión: Isto último se atalla participando tamén na clase e intentando combinar os contidos prácticos cos contidos teóricos dados. Isto incluso pode requirir máis traballo que dar unha clase.

Oportunidades:
  • As clases son máis atractivas
  • Non hai tantas trabas administrativas para facelo
  • Non esixe moito traballo a maiores para o docente
  • A persona que fala é máis experta que os docentes nesa materia e acerca a realidade á universidade

Discusión: Cando son varios os docentes que dan a mesma materia hai que coordinarse, pode suceder que un docente non queira que se realice e pode ocasionar problemas no alumnado así como na avaliación do alumnado.


  1. Xeneración de materiais que permitan transversalizar elementos da EpD na práctica docente habitual, estando a promoverse tamén o APRENDIZAXE-SERVIZO:

Barreiras:
  • Plan Bolonia esixe moito: hai que facer moitas cousas, con menos tempo e debido aos recortes con menos recursos e hai profesores que teñen moitos alumnos co que é complicado introducir novos temas/metodoloxías.
  • Xunto coa docencia se lles esixe aos profesores aumentar o curriculum vía investigación e é complicado centrarse en mellorar a docencia sen abandonar a investigación (falta de tempo). Existe un problema de conciliación da investigación e a innovación educativa no profesorado. Os profesores temporais vense obligados a centrarse na investigación para poder continuar e os que son estables para poder obter financiación. A mellora das clases e a innovación educativa non é valorada.

Discusión: Fálase de que o plan Bolonia é plan de estudos para unificar Europa nese sentido, pero non o consegue. Todos concordan en que se dixo ... plan Bolonia si pero a custe 0. Os profesores teñen que dar máis horas, os edificios non están adaptados e todos concordan en que teñen a sensación de que os alumnos saen peor preparados que cos planes anteriores.

Oportunidades:
  • A Rede Galega de Cooperación (descoñecida polos asistentes, pola maioría polo menos) e moi interesante e necesari)
  • As asignaturas máis “básicas” que non cambian moito de temario, e que en principio poden parecer máis “aburridas” é máis fácil introducir aspectos da EPD pois aos profesores non lles supón moita carga de traballo facer cambios na materia e no programa ao ser o temario igual todos os anos. Unha das asistentes fala de como se aproximou a introdución de casos reais nas súas clases, en internet atopou cousas moi interesantes no museo nacional de Nueva York. No seu caso Bolonia lle favoreceu porque a estabilizou co que puido centrarse na docencia e deixar máis de lado a investigación.

Discusión: Falan dos planes de estudio e da problemática de andalos cambiando, ao final o alumno sae peor preparado porque non dan tempo nin sequera a esperar a que todo o mundo se adapte, cando se a xente se adaptou, se cambia.


  1. e 6. Alianzas con ONGD para proxectos de investigación para o desenvolvemento (exemplos: ESF-LaboraTe, etc) e Acceso a subvencións específicas para universidades para proxectos internacionais de cooperación ao desenvolvemento ou para accións da EpD ou IpD, en Galicia este ano por primeira vez por parte de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
  • É interesante porque traballando con ONGD o contexto é moito máis visible e real, tamén a nivel institucional. Hai docentes que poden buscar afondar no contexto pola súa conta.
  • Sería necesario ter unha referencia para saber sobre especialidades de ONGD (na coordinadora galega de ONGD poden informar sobre isto, e na web da Rede Universitaria de Cooperación para o Desenvolvemento de Galicia que nunha temporada estará en marcha tamén haberá información deste tipo).
  • Os requisitos para acceder ás subvencións poden ser insuperables para algúns equipos de investigación (neste caso, as subvencións tanto de proxectos de cooperación para outros axentes de cooperación como as específicas de investigación para o desenvolvemento para universidades, non teñen requisitos especialmente importnates, máis aló de coñecer a metodoloxía do Marco Lóxico, moi usada nestes proxectos)
  • Convocatorias de subvencións dependentes dos vaivéns orzamentarios das administracións públicas, especialmente neste ámbito da cooperación e a educación para o desenvolvemento
  • É unha oportunidade para colaborar entre ONGD e Universidade ao mesmo nivel
  • Cansanzo dos grupos de investigación, de feito que ao presentarse poucos é máis doado acadar financiación
  • Interdisciplinariedade e posibilidade de acadar proxectos, pero tamén publicacións e material complementario para a docencia


  1. Estancias de investigación para docentes ou estudantado no marco de programas internacionais de cooperación que poden estar vencellados a proxectos de investigacións ou proxectos de fin de carreira.
  • Descoñecemento da existencia de financiamento para estas actividades nas universidades
  • Escaso financiamento
  • Posible incompatibilidade temporal para realizar estancias
  • Conciliación familiar nas viaxes
  • Preocupación pola posible excesiva burocracia (permisos, papeleo...)
  • Á hora de elexir destino, poden primarse países porque vaian amigos ou “gusten máis”
  • Barreira de idiomas
  • Oportunidade de desenvolvemento profesional e peroal. Valores, cidadanía global, problemática de desenvolvemento, autoestima, innovación docente...
  • Doble transferibilidade de competencias, aprender noutro país, aportar noutro país, aportar á volta o aprendido
  • Existencia de ofertas de financiación variada
  • Posibilidade de aprendizaxe de idiomas e culturas


  1. Dirección de tesinas ou proxectos fin de carreira con contidos de EpD ou cooperación para o desenvolvemento.

Oportunidades (ou aspectos positivos)
  • Dáselle importancia ao tema
  • Contribúe a formar ao alumno como persoa (+sensible)???
  • Non hai barreiras institucionais

Barreiras
  • Fontes de información: non se sabe a onde acudir, como empezar, fiabilidade das fontes, ...
  • Por exemplos nos proxectos fin de grado se debería relacionar o proxecto con todo o aprendido no grado, isto pode ser unha dificultade a maiores se o proxecto se centra nun aspecto moi concreto.
  • A hora de ofertalo, ao ser algo novedoso a xente pode non estar moi de acordo. A xente prefire terminar os estudos e escoller algo novedoso pode ocasionar máis retrasos na terminación.
  • En xeral o grupo pensa que os aspectos positivos pesan máis que os negativos

Discusión: Fálase de que as veces os alumnos escollen o “fácil” ou o “menos complicado” por ser máis rápido de finalizar e nese sentido poden non ser atractivos, pero en si o tema si soe gustar. A xente tamén é reticente porque teñen medo de que o tribunal non estea de acordo (se escapa dos proxectos “normais” que se presentan), pero que a cuestión é ir abrindo camiño que a experiencia di que son actividades moi proveitosas e enriquecedoras e unha vez que se abren as portas a situación se normaliza e este tipo de proxectos encaixan ben.

Novas propostas de actividades ou adaptación das existentes para unha implementación o máis inmediata posible por parte das docentes asistentes ao curso


  • Difundir nas aulas a existencia de financiamento como os PCR, ou da existencia de ONGD no eido da carreira (xa non só por posibilidade de traballo, senon tamén de colaboración solidaria)
  • Programas de intervención en materias de tecnoloxía educativa. Analizar na aula como fan difusión dos mesmos e que se propoñan alternativas
  • Difundir as axudas a e a existencia da Rede Universitaria nas aulas e departamentos
  • Aproveitar estadías de alunos estranxeiros e levalos como lectores á aula nalgunha temática da súa especialidade, aproveitando para coñecer do contexto do seu país
  • Aula virtual, propoñer un foro de discusión sobre educación para o desenvolvemento
  • Innovación en metodoloxía, coñecemento da realidade, enquisas, grupos de discusión. Concienciar dendo o principio da materia sobre a metodoloxía que se vai empregar (distinta á habitual), para que o alunado saiba a que aterse (moitas veces ante novas ferramentas pedagóxicas hai persoas que reaccionan mal, preferindo as clases maxistrais).
  • Investigación e estadías entre universidades
  • Achegarse a ONG, unha sorte de “spin offs” de contacto con ONGD
  • Acercar ás ONG á facultade
  • Á hora de propoñer traballo neste eido hai que ser consciente da valoración real de méritos que vánselle outorgar (e tratar de incidir para mellorar isto).
  • En lingüística fomentar o pensamento crítico (a través da palabra). Así como se poñen exemplos de como na cultura esquimal teñen moitas palabras para neve, e en Galicia moitas para choiva, traballar tamén en como os medios empregan diversas palabras con sesgos determinados.
  • Cando se fala das teorías do pensamento (no que se basea, por exemplo, en como aprender a falar os nenos e nenas), pódese prantexar un xogo de rol entre grupos que defendan as distintas teorías
  • En Econometría, pódense usar variables para explicar exemplos que teñan que ver con desenvolvemento humano, índice de Gini, etc.
  • En Historia Moderna pódese traballar máis con minorías e pobreza. Tamén facer adaptación curricular e traballar campos como as “persoas sen historia”.
  • En materias de tipo de lexislación alimentaria, invitar a persoas que veñan falar de comercio xusto enfocado a produción de alimentos
  • Se hai estudantes doutros países na aula, aproveitar os traballos de curso para que expoñan elementos institucionais ou culturais do seu país que teñan que ver coa materia (por exemplo, funcionamento do sistema de saúde).
  • Traballos fin de grao nestes temas, por exemplo en enfermería. Traballar con asociacións de estudantes que mostren interese nestes temas (como pode ser MEIGA en Medicina en Santiago de Compostela).

 

No hay comentarios: