Este ano, Sindo Alonso, o orientador do colexio, invitounos o pasado 4 de decembro a falar a 2º e 3º da ESO sobre a nosa experiencia como persoas voluntarias. Decididos afrontar o reto de falarlles a un público tan diferente ao que estamos acostumados, alí fomos:
- Patricia Iglesias, que lle intentou achegar o concepto de voluntariado de cooperación internacional, facendo fincapé na necesidade de ser cidadáns globais xa que a pobreza é un problema global onde todos e todas temos responsabilidade. Polo que debemos buscar outra educación, que fuxa do eurocentrismo imperante e que se basee no fomento do espíritu crítico e outros valores como solidariedade, xustiza social, etc
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgfphxcMlVQ6odzOU_9DcPVJn1eQvlzEiokM84QBFCpMxruCNbY2ywGA1lCBVPjqoR4_6fR5r-On5Zw7oC-50SGn1UOEAhvlDMpB_RRliejIwqEUi5lUwC3qyRS6iqnizLJqlfZFtI2fg8/s1600/VOLUNTARIADO+20140071+%5B800x600%5D.jpg)
-Miño Guerreiro, que falou da súa experiencia como voluntario nun grupo de sensibilización que traballa no tema da auga como DDHH.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjxBhhyphenhyphenaYzrV5uDkv_ppBIXfele9fv4qDIZ3ar6IVA9iO_u8eQxXpTRQiCKiR1LXH8BZ5PD5lWMOxhT5aj_f3izmlkTrYYtRFWBBcI-6AlYTyJIj1V9lHzm1FZYuhguY4V4QUNmOWWf1Ec/s1600/VOLUNTARIADO+20140081+%5B800x600%5D.jpg)
- Iván Lago, que lles achegou o concepto de software libre e coñecemento aberto. E dentro das accións que eles poden facer faloulles sobre ciberactivismo.Dende logo esta parte da charla foi a que mais impresionou ao alumnado.
Dende aqui só queda agradecer ao colexio a oportunidade de achegar o voluntariado a xente tan nova.
No hay comentarios:
Publicar un comentario