Como
xa viñera anunciando ESF, o sábado 22 de novembro tiveron lugar en
Santiago de Compostela, na Facultade de Filosofía, as I Xornadas “É
neutral a tecnoloxía? As múltiples caras do feito tecnolóxico”,
co apoio de apoio de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
A
entrada era libre e abríronse as portas aos participantes ás 09:30.
Tras
unha breve presentación das Xornadas por parte de Sergio Fernández,
membro de ESF, ás 10:00 da mañá deu comezo a primeira mesa
redonda, titulada
Dimensión
filosófico-ética da tecnoloxía.
Sendo moderador Sergio Fernández, os integrantes da mesma foron
Delmiro Rocha, filósofo integrante do Proxecto Derriba; Sergio
Cernadas (sociólogo) e Borja Santiago (historiador), ambos da
Universidade Cromática das Virtudes; e Juan Domingo Quintela, membro
do grupo de Educación para o Desenvolvemento de Enxeñería Sen
Fronteiras Galicia.
Comezou
intervindo Juan Quintela para achegar diferentes definicións de
tecnoloxía, poñendo de manifesto que non só podían considerarse
as cousas materiais. Diferenciou entre tecnoloxías brandas e duras,
e proseguiu comentando outros aspectos relacionados e menos
coñecidos, coma a estética, as relacións de poder e o papel da
muller na mesma. Rematou a súa intervención respondendo a pregunta
que daba nome ás Xornadas, afirmando que ningunha tecnoloxía é
neutral en tanto en canto tampouco ningunha acción humana o é.
A
continuación interviron os membros da Universidade Cromática das
Virtudes, que intentaron facer un achegamento ético da tecnoloxía.
O primeiro membro, Sergio Cernadas, comezou por explicar as
diferenzas entre ética e moral, e rematou respondendo tamén a
pregunta: non hai nada neutral e iso non é, necesariamente, malo. O
segundo, Borja Santiago, fixo unha exploración dos medios
relacionados
coa
tecnoloxía
utilizando varios libros que trataban os temas das utopías e
distopías, coma o coñecido 1984,
de George Orwell. Tras estas reflexións literarias, rematou a súa
intervención aportando outra de seu: a natureza sabe onde e cando
deterse, pero a tecnoloxía non segue ningún principio de
autodeterminación.
Tras
esta mesa redonda introdutoria, procedeuse á segunda, titulada
Dimensión
socio-cultural da tecnoloxía.
Os
integrantes
foron José Manuel Vázquez, antropólogo e profesor xubilado de
Prehistoria da USC e Carmen Novas, técnica da Asociación Galega de
Reporteiros Solidarios (AGARESO).
Despois
dun breve descanso ás 12:00, tivo lugar a conversa con Jorge Mira,
físico, investigador, divulgador científico e docente da USC. Tras
un par de preguntas do entrevistador, membros do público iniciaron
un interesante debate sobre o acceso a revistas e material
científico. O entrevistado defendeu a coexistencia de acceso
privativo e libre, argumentando que de non ser así o sistema de
elaboración, revisión e posterior publicación dos artigos sería
inviable.
Para
rematar, levouse a cabo a terceira mesa redonda, titulada O
pequeno é fermoso,
onde participaron Antón
Ríos Hucha, Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos e
membro de ESF; Emilio
Padrón, Enxeñeiro
Informático,
investigador
e docente da UDC
e membro do Grupo
de programadores e Usuarios de Linux (GPUL); e Carolina
Martínez García, Arquitecta Técnica
especializada en bioconstrución e
coautora do blogue Bioconstruírme.
Esperamos facer novas edicións reflexionando sobre as distintas dimensións da tecnoloxía, de xeito que poidamos facer dela unha ferramenta para a equidade, a xustiza social e que todas poidamos ter unha vida que pague a pena ser vivida. Namentres, se vos interesa o tema, aquí podedes ler unha serie de reflexións dalgunhas das persoas participantes nas mesas que fomos e iremos publicando neste blogue, e tamén unha selección de materiais ordenados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario