15 dic 2014

Obradoiro sobre Proxectos Fin de Carreira en enxeñería civil e cooperación ao desenvolvemento

Terá lugar o vindeiro xoves 18 de decembro pola tarde, na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña.

Se falará de posibles alternativas de proxectos encadradas nas actividades que, no eido do abastecemento de auga e saneamento, realiza Enxeñería Sen Fronteiras Galicia en Honduras. Tamén se solucionarán dúbidas sobre xeitos de obter a información, titorización por parte de Enxeñería Sen Fronteiras e prazos.

Noutra xornada informativa posterior (en xaneiro) coas persoas interesadas, se contará cun profesor responsable de proxectos fin de grao da ETSECCP, para solucionar tamén dúbidas de carácter académico (requisitos, prazos, condicións mínimas do proxecto, etc.).

Hora: 17:30h (unha hora de duración, aproximadamente).

Aula: sala de grados 2 (a pequena)




No hay comentarios: