Hai
dúas semanas e por cuarto ano consecutivo, celebráronse en Lugo as IV Xornadas
de Soberanía Alimentaria. O curso realizouse a fin de semana do 28, 29 e 30 de
novembro, na Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay, como xa é tradición nos
cursos da sede, e co apoio financeiro da política pública de Cooperación para o Desenvolvemento da Xunta de Galicia (Cooperación Galega).
Este
ano, con poucos alumnos (pero valentes! jeje) contamos na tarde do venres coa presenza
de Bernardo Valdés, profesor e experto en Economía Agraria e de Xoan Carlos
Carreira, tamén profesor e un dos impulsores do Sindicato Labrego Galego.
Como
non podía ser doutra maneira, tamén nos acompañaron un ano máis, unhas persoas
con moito que contar, como son Pedro Revilla, da Misión Biolóxica de Galicia-CSIC, que nos falou do
programa de mellora participativa de variedades tradicionais de millo (no que
está traballando e no cal tamén participa ESF e o noso socio hondureño CODDEFFAGOLF), e Paco Raigón, un ESFeiro máis
que sempre nos apoia e nos ensina tantas cousas.
Este
ano, como novidade, introducimos o concepto de pesca artesanal, do cal aínda
non falaramos nas anteriores edicións e cuxo papel na Soberanía Alimentaria nos
parece de gran importancia. Dan man de Jesús Cumplido, coñecimos o traballo que
realizan para sacar adiante o seu novo proxecto frescoydelmar.com. Ademáis,
Isabel presentounos a estrea mundial da curtametraxe da campaña A VERDADEIRA HISTORIA DE RODOLFO! Todo
un éxito na carteleira ESFeira!!
Por
último, a xornada do domingo, adicámola a coñecer de primeira man historias
reais de xente real que aposta pola Soberanía Alimentaria e por un xeito de
consumo saudable e responsable. José Luis falounos do seu proxecto La Casa de la Aldea e
maravillámonos coas historias de Xosé de Sabadelle, un home que fixo da súa
casa a casa de todos os que quixeran ir a ela,
sempre apostando polos produtos locais e de tempada, mesturándoos con
visitas á contorna e cun pouquiño de arte e cultura galega.
Xa rematando as
Xornadas, Lucas e Rubén contáronnos como naceu a idea de ULTRA_ALIMENTO “O
ultramarinos que leva ao extremo O_PODER_DO_ALIMENTO”, como a levaron a cabo
con pouquísimos recursos (económicos, que mans amigas que lles botaran unha man
non faltaron!) e como segue, un ano recén cumplido despois, enriquecendo a
praza de abastos de Lalín cos seus productos e a súa enerxía positiva.
Con
esa sensación de que tanto relatores e relatoras, alumnado e as persoas que
formamos o grupo de Lugo pasamos uns agradables días de reflexión, aprendizaxe
e concienciación sobre unha temática tan sensible como é a Soberanía Alimentaria, despedímonos ata a próxima!
Grazas a todos e todas as que participáchedes!!
Grazas a todos e todas as que participáchedes!!
2 comentarios:
Ainda que sexades poucos merece a pena e os que estamos lonxe alegranos leer istas cousas. Felicidades e animo
Gracias Anxo!!!
Publicar un comentario