Aprendizaxe cooperativa: aprender a cooperar - cooperar para aprender
O sábado pola tarde, despois de experimentar co prototipo de xogo de rol da cooperación que está a desenvolver ESF, voltaron os obradoiros a pares; e mentres media 'cósmica' descubría o teatro da oprimida, a outra media faciamos o propio coa...
Aprendizaxe cooperativa!
Foi unha das experiencias máis intensivas da fin de semana pois en
apenas dúas horas Laura e Rosa explicáronnos en que consiste esta
metodoloxía didáctica, fixeron un rápido percorrido polo programa
curricular no que elas a desenvolven e puxeron en práctica moitas das
dinámicas que empregan.
Entendín que a aprendizaxe cooperativa na escola supón traballar con
grupos heteroxéneos de alumnado nos que todos os membros de cada grupo
rematan acadando os obxectivos educativos mediante o apoio mutuo.
Pareceume moi interesante pois imaxino que as persoas que teñan vantaxe
nun campo, no canto de se aburrir, ademais de aprender a aprender,
aprenden a ensinar.
O máis positivo da experiencia foi o xogo. Xogamos moito. Sentímonos
como a rapazada do centro de educación primaria de Cambados onde Rosa e
Laura xa están a poñer en funcionamento este sistema.
ROBERTO ROGET
Enlaces relacionados (Cósmica 2014: reunión da base social das diferentes asociacións de Enxeñería Sen Fronteiras de España en decembro 2014, en Allariz, que tivo lugar coa cofinanciación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia)
- Emotivo carta de Gonzalo Martínez (Lalo) sobre la Cósmica
- Resumen general
- Taller Derivando por Allariz
- Piedra, zapato y tiza
- Aprender en comunidad
- Teatro Oprimida
- Autogestión para la lucha!
- Aprendizaje y Servicio
- Educación popular
- Talleres (más internos) del domingo
- Vertebrando :-)
- Qué opinaron de la Cósmica (llegó la hora de la evaluación)
No hay comentarios:
Publicar un comentario