Obradoiro capitaneado por Ángela, Fran e Rebeca que en a penas dúas horas, conseguiron que os presentes nos plantexáramos e reflexionásemos sobre as problemáticas sociais e prexuizos que nos rodean, todo esto dende o xogo, a improvisación e as actividades grupales.
En palabras de Bogal " Aquel que transforma as palabras en versos transformase en poeta; aquel que transforma o barro en estatua transformase en escultor; ao transformar as relacións sociais e humanas representadas nunha escea de teatro, transformase en cidadán"
Os exercicios nos levaron a crear esa " realidade desexada" e poñendo de manifesto as opresións sociais; deste xeito xurde a opción para mudar esas situacións, todo isto de forma grupal, dinámica e colaborativa.
Dentro do marco no que nos atopábamos, nunha Cósmica de ESF, este obradoiro nos aporta o coñecemento e posibilidade de plantexamentos diferentes formas de reivindicación e sensibilización para achegar a unha sociedade a idea de cambio, para ser conscientes das problemáticas e para descubrir dentro de nós mesmos se realmente somos coñecedores do que nos rodea.
ANDREA RODRIGUEZ LORENZO
Enlaces relacionados (Cósmica 2014: reunión da base social das diferentes asociacións de Enxeñería Sen Fronteiras de España en decembro 2014, en Allariz, que tivo lugar coa cofinanciación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia)
- Emotivo carta de Gonzalo Martínez (Lalo) sobre la Cósmica
- Resumen general
- Taller Derivando por Allariz
- Piedra, zapato y tiza
- Aprender en comunidad
- Aprendizaje cooperativo
- Autogestión para la lucha!
- Aprendizaje y Servicio
- Educación popular
- Talleres (más internos) del domingo
- Vertebrando :-)
- Qué opinaron de la Cósmica (llegó la hora de la evaluación)
2 comentarios:
Foi un día xenial no que aprendimos moito do dinamismo de ESF e non nos queda dúbida de construiredes moitas alternativas novas!!! Ánimo compañeirxs e grazas por contar con 100tolas!! ;)
Grazas a vós polo dinamismo e por traernos novas ferramentas para o cambio (que xa chega de usar sempre as mesmas :DDD)
Publicar un comentario