9 feb 2015

Cooperación para o Desenvolvemento na Enxeñería Civil

Xa está aquí o calendario da materia Cooperación para o Desenvolvemento do curso 2014/2015 que se imparte na Escola de Camiños, Canais e Portos da UdC e na que colabora ESF.

Este ano contamos con 46 persoas matriculadas: 33 de TECIC e 13 de IOP.

0. Introducción. 30 Xaneiro.
Presentación materia.
Enquisa inicial.
Proxección do vídeo Binta y la gran Idea.
Dinámica dos cubos.
Entregarase o material da actividade colonialismo.


Bloque 1. Introdución á cooperación
Economía e Desenvolvemento. 6 febreiro
Relatorio a cargo de Enrique Saéz.
Exposición  da actividade colonialismo.
Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano (TpDH)/TICs. 13 febreiro
Relatorios a cargo de Alberto Varela e Félix Sánchez (Bricolabs)
TpDH. TICs. Software Libre. Redes de traballo.
Acceso a Auga. 20 febreiro
Relatorio a cargo de José Anta.
Dinámica + Actividade avaliación. Proxectarase o vídeo AQUASAHARA.
Axentes Axuda Humaniataria. 27 febreiro
Relatorio a cargo de Ofelia García.
Proxección do vídeo Esfera

Bloque 2. Tecnoloxías apropiadas
Mapa do Barrio do Campanario. 6 marzo
Relatorios a cargo de Alberto Varela e Ramón Pérez Basich.
Visita ao Barrio do Campanario para cartografiar a súa realidade.
Proxección do vídeo Dueños de nada.
Axentes de Cooperación. AOD. 13 marzo
Relatorio a cargo de Enrique Peña.
Dinámica axentes de cooperación. Actividade avaliación.
TpDH en Abastecimento e Saneamento. 27 marzo
Relatorio a cargo de Enrique Peña.

Bloque 3. Proxectos de Cooperación
Enfoque de marco lóxico. 10 abril
Relatorio a cargo dos grupos de EpD e Auga de Enxeñería Sen Fronteiras. Repartirase a actividade Marco Lóxico.
Metodoloxía de traballo en proxectos de cooperación nunha ONGD. 17 abril
Relatorio a cargo dos grupos de EpD e Auga de Enxeñería Sen Fronteiras.
Contarase ca presencia de membros dos socios locais de ESF a través de videoconferencia.
Proxectos de Cooperación vinculados ca Auga. 24 abril
Relatorios a cargo de José Anta, Enrique Peña e Alberto Varela.
Enxeñeir@s polo mundo. Choque cultural. 8 de mayo.
Relatorio a cargo de Cristina Vázquez
Valoración do alumnado e enquisa final.

---

Por motivos de dispoñibilidade dos ponentes houbo cambios no programa. 

No hay comentarios: