Con motivo desta celebración, dende Enxeñería Sen Fronteiras organizamos unha serie de actividades de sensibilización sobre as problemáticas relacionadas.
Aproveitando o marco ofrecido polas Nacións Unidas para este ano "Auga e desenvolvemento sostible", tratamos de poñer o foco de atención na Auga como un elemento fundamental para acadar un futuro sustentable. Fundamental en calquera das tres dimensións que comprenden o desenvolvemento sustentable, a social, a ecolóxica e a económica.
O Lus 23 de Marzo, as 12:45 contaremos coa presentación do Dr. José Anta Álvarez, do Grupo de Enxeñería da Auga e do Medio Ambiente, que nos falará sobre Auga e Desenvolvemento Humano. Tamén co grupo de Programas Internacionais de Enxeñería Sen Fronteiras que nos falarán de experiencias reais en Cooperación Internacional.
O Xoves 26 de Marzo, as 12:45, presentaremos o vídeo resumo das Xornadas da Auga. Poderemos disfrutar da poñencia de Pedro Vega Marcote, profesor na UDC de Educación Ambiental e Desenvolvemento Sostible, que nos falará sobre a Pegada Ecolóxica, facendo especial fincapé na pegada hídrica como instrumento para a sustentabilidade.
Por último, e como peche as actividades, o grupo de Sensibilización e Incidencia Política levará a cabo a Dinámica da Sustentabilidade, donde aprenderemos de forma diferente o concepto de Sustentabilidade na explotación dos recursos, en especial da Auga.
As Xornadas serán no Salón de Actos da Escola de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos, de libre acceso.
Máis info: 981 167 000 ext. 1479
No hay comentarios:
Publicar un comentario