Cando nos falan dos Dereitos Humanos, moitas veces pensamos en cousas intanxibles, cousas como a vida digna, a liberdade ou a seguridade. Por iso, e sobre todo na sociedade actual, cunha gran carga materialista, pode ser difícil de entender que a auga sexa un Dereito Humano que cumpla todas as propiedades dos mesmos, como a non posibilidade de mercantilización.
No
ano 1948, asinouse a Declaración
Universal dos Dereitos Humanos.
O
artigo 3 da mesma dí:
“ Todo
individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súa
persoa. ”
O
Dereito Humano á Vida, aínda sendo un dereito vulnerado en moitas
partes do mundo, é de fácil comprensión, se cadra o mais institucionalizado. Todo o mundo debería
entender que non se pode mercantilizar a vida, estariamos falando de
escravitude.
Empregando
dúas premisas:
Para
que exista a vida tal é como a coñecemos, é necesario que exista
auga que a soporte.
A
vida é un Dereito Humano con todas as propiedades
que isto implica. Os Dereitos Humanos son inherentes a todas as
persoas, son universais, pero poño atención na propiedade de
interdependencia e interrelación.
O
resultado lóxico destes dous argumentos é que, se a vida é un
Dereito Humano, a auga tamén o debe ser, xa que é necesaria para o
pleno disfrute daquela . É así como se recoñeceu finalmente no ano
2010 na Asamblea Xeral das Nacións Unidas:
“Recoñece
que o Dereito a auga potable e o saneamento é un Dereito Humano
esencial para o pleno disfrute da vida e de todos os Dereitos
Humanos.”
Este
feito foi significativo, ainda que cabe destacar que esta resolución
das Nacións Unidas non é vinculante para os Estados, é dicir, non
teñen porque cumplila.
Son
innegables os avances dos últimos anos, como demostra o feito de que
se cumplise, xa no ano 2011, o Obxetivo
do Milenio referido a reducción de persoas que non poden
disfrutar de abastecemento e saneamento.
É a demostración de que, si se quere, pódese. É unha cuestión
de vontade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario